28º EDICIÓN DA ROMARÍA DO RAPAZ

O 26 de xuño Siador convértese na 'Festa do mundo'!!

Obradoiros, música, inchables, espectàculos, actividades multiaventura, pistas deportivas e moita, moita, pero que moita diversión nesta 28 Romaría do Rapaz!!!

Unha xornada enteiriña para facer manualidades, practicar ao minigolf, baixar pola tirolina, superar os obstàculos da pista americana, ser protagonista dunha curtametraxe, elaborar un abano chinés ou crear unha megaconstrución de Kapla.

Lembra, o vindeiro domingo 26 no fermoso entorno natural da Saleta. Vémonos!!