424 bolsas de prácticas en empresas na provincia de Pontevedra

 

A Deputación de Pontevedra convoca 424 bolsas de prácticas laborais destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

Requisitos:
Non ter cumpridos os 35 anos na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra.
Estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante ou mellora de emprego.
Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.
Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV nas bolsas de titulados universitarios e de ciclos superiores de formación profesional, e nivel Celga III nas bolsas destinadas a ciclos medios de formación profesional.

dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de 800 €/mes para titulados universitarios, de 700 €/mes para ciclos superiores de formación profesional e de 600 €/mes para os ciclos medios.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de novembro de 2013.
Máis información das empresas dispoñibles no BOP de Pontevedra do 30 de octubro de 2013.