A Concellería de Benestar Social organiza unha viaxe a Euskadi en outubro

Silleda, 5 de setembro de 2016.  A Concellería de Benestar Social, organiza na primeira semana do vindeiro mes de outubro unha excursión ao País Vasco. A viaxe terá lugar entre o día 4 e o 7, con visitas tamén a outras cidades nos traxectos de ida e volta.

Na primeira xornada, o martes 4 de outubro, a expedición visiará a cidade de Burgos para partir despois cara a Bilbao. Na xornada do día 6 a excursión trasladarase a Donosti, con visita ao centro histórico entre outros enclaves. Tanto en Bilbao como en Donosti haberá visitas guiadas. Xa na xornada de regreso, o venres día 7, o grupo visitará no traxecto de regreso a cidade de León.

O prezo da viaxe é de 230 euros por persoa, incluíndo todos os gastos. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en participan poden anotarse a partir do vindeiro venres día 9 na Casa da Cultura, en horario de 08:00 a 14:00 horas.