A Concellería de Educación oferta dous campamentos de inglés este verán en Os Peares e Portonovo

Silleda, 1 de xuño de 2015. A Concellería de Educación de Silleda vén de ofertar un ano máis campamentos de verán con distintas actividades e a aprendizaxe de inglés como un dos obxectivos.

Este ano a oferta chega por partida doble. Así, para os nenos de 9 a 13 anos, ofértase un English Camp en Os Peares, do 19 ao 26 de xullo. Ademais de obradoiros, os asistentes realizarán visitas á Ribeira Sacra, xogos en valor, veladas, ou dramatización on english. A proposta inclúe actividades ao aire libre como xeocaching, kaiak, paddelboard, orientación con GPS… O campamento ten a súa base no Peares International Educación & Leisure Center. O prezo da actividade é de 295 euros.

A outra opción está dirixida a mozos/as de 14 a 18 anos. Trátase dun Surf Camp en Portonovo, tamén a celebrar nas mesmas datas que o anterior (do 19 ao 26 de xullo). O programa de actividades inclúe obradoiros, visitas a Portonovo e Sanxenxo, xogos en valor, actividades on english, e deportes de aventura. Así ademais de xeocaching, tamén se propón kaiak, kaiak-surf, snorkel con seedo scooter , cometa… O prezo é de 285 euros.

As persoas que queiran recibir máis información ou inscribirse, deben de dirixirse á Casa da Cultura, en horario de 08.00 a 14.00 horas, ou ben chamar ao 986 581028.

“Logo do éxito que tiveron campamentos deste tipo en anos anteriores, volvemos a apostar por ofertar aos nenos/as e mozos/as de Silleda estas actividades, nas que o lecer e o deporte na natureza e no mar, se conxugan coa aprendizaxe do inglés dun xeito lúdico”, explica a concelleira de Educación, Pilar Peón.

A información sobre estes dous campamentos tamén se levará aos centros de ensino do municipio. 

No seguinte adxunto pódese descargar a autorización correspondente: