A Concellería de Igualdade difunde información sobre a Marcha contra as Violencias Machistas do 7 de novembro en Madrid

Silleda, 22 de outubro de 2015. A Concellería de Igualdade de Silleda vén de repartir por distintos municipios carteis informativos sobre a Marcha Estatal contra as Violencias Machistas que se celebrará en Madrid o vindeiro sábado 7 de novembro.

Para asistir, as persoas que o desexen dispoñen de autobús, que fará paradas en distintos puntos das comarcas de Caldas e de Deza o día 6 de novembro. Así, sairá dende Caldas pasando por Cuntis, A Estrada, Silleda e Lalín.

A parada en Silleda será na marquesiña de autobuses da rúa Trasdeza ás 22.00 horas do venres día 6. O autobús é gratis ata completar prazas. As reservas poden facerse ata o día 3 de novembro a través do enderezo electrónico pfgpontevedra@gmail.com ou nos teléfonos 986 866276 (de luns a venres en horario de 09.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas).

A viaxe está organizada pola Plataforma Feminista Galega en colaboración coa Deputación de Pontevedra.