A recadación de 5 parquins da Semana Verde, para Silleda Solidaria

 O director da Fundación Semana Verde de Galicia, Pedro Corbacho, e alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, asinaron  un convenio mediante o cal a entidade feiral cede ao Concello cinco aparcadoiros do recinto durante a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal se desenvolverá dende hoxe xoves día 13 ata o domingo.

A finalidade deste acordo e que o Concello xestione estes espazos durante o certame e que a recadación sexa doada á rede de axuda solidaria ás familias silledenses máis necesitadas, a través do programa Silleda Solidaria.

As aportacións que realicen os visitantes do certame serán totalmente voluntarias, sen establecerse ningunha cantidade para as doazóns. Para informar sobre esta iniciativa ás persoas que fagan uso do aparcadoiro e tamén sobre o carácter opcional da aportación, o Concello autorizará a diversos operarios. Estes portarán unha acreditación que permitirá identificalos como parte desta acción solidaria.

O obxectivo da Fundación Semana Verde de Galicia e do Concello de Silleda con esta iniciativa é contribuír a un fin social e humanitario nun momento de dificultade económica.

Dende o Concello e o programa Silleda Solidaria agradécese a cesión realizada pola fundación silledense