A unidade móbil da ITV agrícola visita o municipio nas vindeiras semanas

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.

A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 30 e 31 deste mes.

Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 1 ao 5 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 6 ao 8 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 9 ao 12 de febreiro.

O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas  e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás os días 2 e 8 de febreiro, en horario só de mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda colocaránse bandos informativos nos próximos días detallando os lugares e horarios.