Aberto o prazo para solicitar as axudas municipais a actividades culturais e entidades deportivas

Silleda, 13 de abril de 2015. O Boletín Oficial da Provincia, BOP de Pontevedra, publica hoxe luns día 13 de abril as bases que regulan a concesión de axudas municipais a colectivos e asociacións para a realización de actividades culturais e as que se outorgan a entidades e clubs deportivos. O prazo de solicitudes, tal e como recollen as bases, é de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte. Polo tanto o prazo para presentar as citadas solicitudes remata o xoves día 7 de maio.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Municipal, en horario de 09.00 a 14.00 horas. As bases e formularios poden descargarse nesta mesma páxina, accedendo aos seguintes enlaces das seccións da Concellerías de Cultura e a Concellería de Deportes.

http://silleda.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=114&solo_caja=1763

http://silleda.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=115&solo_caja=1762