Anulada a convocatoria públia da praza temporal de auxiliar administrativo no Concello

Silleda, 25 de setembro de 2015. O concurso-oposición para cubrir de xeito temporal unha praza de auxiliar administrativo no Concello de Silleda quedará anulado. A decisión adoptouse á vista de que o proceso se prolongaría durante alomenos uns dous meses (tendo en conta os prazos estipulados nas bases, que se publicaron onte no BOP de Pontevedra) e que o Concello de Silleda conta co compromiso da Deputación de Pontevedra de contar con 24 traballadores/as a través do Plan Provincial de Emprego, durante os meses de novembro e decembro.

Esta praza, actualmente vacante por unha baixa médica, cubrirase pois cun dos traballadores/as do Plan Provincial de Emprego.

“Adoptamos esta decisión por cuestión de tempo, xa que poderemos cubrir temporalmente esta praza antes cun dos traballadores do plan de emprego que pola vía do concurso-oposición, e tendo en conta que agardamos que o titular deste posto se poida recuperar canto antes e incorporarse á súa praza”, indica o alcalde.