BANDO: CONVOCATORIA APOIO AO SECTOR LEITEIRO

Á vista da crise do sector lácteo en Galicia, e da importancia que ten na nosa sociedade así como o seu peso específico na economía local, dende o Concello de Silleda convócase a todos os veciños e veciñas de Silleda en xeral, asociacións, colectivos… e en particular aos  comerciantes e empresarios, a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro xoves día 6 de agosto ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Silleda.

Nesta reunión abordaránse as accións a levar a cabo en apoio e defensa do sector lácteo. Dende o Concello de Silleda e a través da Concellería de Comercio, búscase o apoio e implicación de toda a sociedade na defensa a poboación e implicar á sociedade no necesario apoio a un sector que é o sustento da nosa economía.

Apelamos pois á asistencia a esta convocatoria, porque o sector lácteo somos todos e todas.