O Concello de Silleda e a Asociación de Empresarios da Construción organizan un curso sobre colocación de materiais de cubrición

Silleda, 30 de setembro de 2013. O Concello de Silleda volve a acoller un curso formativo para o sector da construcción. Así, dende as Concellerías de Industria e Emprego do Concello de Silleda, que dirixen respectivamente   Luis Rodríguez e Pilar Peón, organízase en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (Apecpo) un curso de prevención específico sobre Colocación de Materiais de Cubrición.

Este curso, gratuito e de 20 horas de duración, está dirixido a persoas relacionadas co sector da construcción e celebrarase durante dúas fins de semana  na Casa da Cultura de Silleda. Así as sesión celebraránse o venres pola tarde e o sábado pola mañá, os días 18 e 19 e o 25 e 26 de outubro próximos.

Dende a Concellería de Emprego estanse a remitir cartas informando da convocatoria ás empresas do sector e ás persoas anotadas na bolsa municipal Silleda Emprega cun perfil específico que teña relación co tema. Todas aquelas persoas que estén interesadas en participar poden informarse e anotarse no Concello de Silleda, chamando ao 986 580000 ou ben remitir un correo electrónico ao enderezo emprego@silleda.es. As inscricións deben de realizarse antes do vindeiro día 12.

 “Cremos que se trata dunha iniciativa interesante tanto para empregados e responsables de empresas de construcción como para persoas que, aínda estando en situación de desemprego queiran aumentar a súa formación”, sinala Pilar Peón.

Con este ciclo continúase a colaboración iniciada o pasado ano por parte do Concello de Silleda coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (Apecpo), coa celebración de distintos ciclos para a formación de personal.