O Concello de Silleda volve ofertar un curso de deseño de páxinas web dentro do programa Actívate

Silleda, 4 de agosto de 2015. O Concello de Silleda, a través do departamento de Emprego, organizará  un ano máis o curso de Deseño de Páxinas Web, incluído dentro do programa Actívate 2015,  da Deputación Provincial de Pontevedra.

O ciclo, de 40 horas de duración e de carácter gratuito, e impartirase no mes de outubro.

A diferencia de anos anteriores, celebrase en horario de tarde (de 16.00 a 20.00 horas), para facilitar unha maior asistencia.

As persoas interesadas en anotarse poden rellenar o formulario de inscrición que se lle facilitará no Rexistro Municipal. O formulario tamén estará dispoñible na páxina web municipal (silleda.gal) Os horarios e datas estabreceránse unha vez remate o prazo de inscrición.

Dende o Concello de Silleda volve apostarse  así polas novas tecnoloxías nesta nova iniciativa de formación, un dos sectores que tamén está a ofrecer posibilidades para unha saída laboral. A creación de páxinas