O martes día 12 ábrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais

Silleda, 8 de setembro de 2017. O vindeiro martes día 12 quedará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Silleda 2017-2018, cun total de 16 modalidades deportivas.  

Así, a oferta estará composta por: Patinaxe, Ioga, Kung-Fu, Defensa Persoal (para maiores de 14),  Ximnasia de mantemento, Aerobic Step, Zumba Step, Zumba Fitness, Zumba Kids, Bailes de salón, Tiro con Arco, Natación (a partir dos 3 anos), Aquagym, e Hipopresivos.

Estas actividades comezarán a impartirse o vindeiro luns día 2 de outubro. Os interesados en obter información e anotarse deben facerlo na Casa da Xuventude (aberta de martes a sábado en horario de 16:00 a 20:00 horas), onde se lles facilitará un formulario de inscrición.

Para a realización dos cursos debe de haber un mínimo de 14 alumnos/as.

A concelleira  de Deportes, Ana Luisa González, destaca que este ano “ e mantén, dado o éxito dos últimos anos, a oferta de actividades, ampliando horarios en casos como natación por demanda dos usuarios”.  A oferta difundirase, como vén sendo habitual nos últimos anos, nos  centros escolares, informando tamén dos horarios e lugares previstos, e prezo das actividades entre outros.

Natación e patinaxe

Na lista de actividades figuran natación e aquagym, ao renovarse o convenio entre o Concello de Silleda e o Hotel Vía Argentum para a celebración destas dúas modalidades na piscina do complexo hoteleiro.

Como novidade, a natación para nenos/as adianta o seu horario e celebrarase os luns e mércores a partir das 19:00 horas, con dous turnos (de 19:00 a 19:45 e de 20:00 a 20:45). dando resposta á petición de moitos usuarios do pasado ano.

Dedido á elevada demanda que se vén rexistrando nesta actividade, as inscricións atenderanse por rigorosa orde de inscrición ata completar prazas, dando preferencia no primeiro turno aos máis novos.

No caso de patinaxe, outra das escolas máis numerosas con preto de 120 alumnos o pasado curso, tamén se atenderá por orden de inscrición ao alumnado de novo ingreso.