Os cursos de formación do Centro de Desenvolvemento Agrario súmanse a oferta de ciclos de Cultura para o rural e a vila de Silleda

Silleda, 23 de setembro de 2016.  O Concello de Silleda vén de presentar a nova oferta de cursos da Concellería de Cultura para o rural e a vila de Silleda así coma os que se ofertarán dende o Centro de Desenvolvemento Agario.

O alcalde, Manuel Cuiña, o concelleiro Klaus Brey, a técnica de Cultura, Sara Blanco e Loli Piñeiro, enxeñeira Agrónoma e que está a traballar no Concello becada pola Deputación, deron conta da ampla oferta deste ano, que se impartirá segundo a demanda (cada curso precisa un número mínimo de alumnos/as) a partir de outubro.

No tocante ao Centro de Desenvolvemento Agrario os cursos forman parte da aposta pola formación. “Cremos no rural e nas súas potencialidades”, sinalou Cuiña, por iso a oferta de cursos se vai  difundir especialmente entre as persoas incritas no programa Silleda Emprega, a nosa bolsa municipal de emprego.

E para fomentar a súa participación farase  un prezo especial para as persoas que asistan aos cursos do Centro de Desenvolvemento Agrario que estén en situación de desempleo, que pagarán o 50% do importe.

Dende o Centro Agrario impartiranse seis cursos, ademais de unhas xornadas micolóxicas. Así, aos de xardinería básica, poda e enxerto, horta ecolóxica e plantas medicinais e aromáticas, súmanse dúas interesantes novidades. Trátase dun curso de iniciación á Apicultura, que impartirá a Asociación Galega de Apicultura, e outro baixo o título Plantas que curan plantas.

Neste último, impartido polo silledense Rosendo Estévez (que tamén será o docente nos anteriormente citados) os asistentes coñecerán a aplicación en árbores e cultivos de plantas con propiedades antifugicidas e enraizantes, entre outras, coma o allo, fento, dente de león…

No caso do de Apicultura o ciclo contará con 10 módulos, entre eles un sobre a vespa velutina.

Completan as novidades as xornadas micolóxicas que se desenvolverán os días 28 e 29 de outubro e 4 e 5 de novembro, incluíndo ademais do curso saídas ao monte e un obradoiro de cociña nun restaurante da localidade.. Os cursos teñen un prezo de 15 de euros, agás o de Apicultura (30 euros) e as xornadas (25 euros).

Para a súa celebración precísase un mínimo de 10 alumnos por curso. As persoas interesadas poden xa formular a súa inscrición no Rexistro Municipal.

21 ciclos para os Centros Sociais dos rural

No tocante os ciclos do rural estrutúranse en tres bloques. Así haberá cursos deportivos (aerobic-baile; ximnasia de mantemento; zumba, pilates bailes de salón e como novidades baile moderno e defensa persoal para mulleres); de didáctica corporal (teatro, expersión corporal e como novidade danza contemporánea); e cursos de expresión artística (calceta, manualidades, cestería, pintura, pintura de tela, centros de mesa con material reciclado, arte floral con flor artificial, cociña, repostería e elaboración de xabrón natural, este último proposto por veciños). O alcalde reiterou que o programa se pode modificar se xurden novas propostas para estes cursos subvencionados polo Concello. O prezo é de 15 euros mensuais. As persoas interesadas poden ponerse en contacto coas asociacións veciñais ou delegados das parroquias.

Silleda Form@cción

Tendo en conta que na vila da Bandeira tamén se ofertan cursos a través do colectivo Vista Alegre, dende o Concello volta coma o ano pasado o programa Silleda Form@cción, para a vila de Silleda. A oferta conta con 6 cursos: manualidades, calceta, cestería, arte floral, fotografía e o de elaboración de xabróns e cosmética natural.

Neste caso os interesados tamén deben de inscribirse a través do Rexistro Municipal