PROBAS DO PROCESO DE SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A DE FEUGA PARA OFICINA DE TURISMO

 

Silleda, 6 de maio de 2014. Hoxe celebráronse na Casa da Cultura de Silleda as probas do proceso de selección para a concesión dunha bolsa de colaboración coa Feuga para a realización de tarefas de información e atención no punto de información turístico de Silleda, situado no mosteiro de Carboeiro.

Dos 11 aspirantes remitidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia, só concorreron 6 ás probas celebradas hoxe. A entrevista oral supuxo ata un 60% da puntuación final, mentres que a valoración de méritos representaba segundo as bases da convocatoria un 40%.

O tribunal, unha vez realizadas as probas aprobou unha listaxe na que figura como proposta para a bolsa Isabel Sobrado García, que obtivo a maior puntuación, quedando os 5 aspirantes restantes en lista de agarda por orde de puntuación. De aceptar a proposta, comezaría traballar o vindeiro día 13 de maio. O listado coas correspondentes puntuacións outorgadas polo tribunal é o que segue no seguinte arquivo adxunto: