Programación de Nadal 2013/2014

O Concello de Silleda programou para este Nadal unha variada oferta de actividades (teatro, música, obradoiros, deportes, conta contos…) Dende o 6 de decembro ao  5 de xaneiro celebraranse diversas actividades,cun especial protagonismo dos máis pequen@s. Este ano a programación terá un carácter solidario. Así, haberá citas nas que se recauden fondos e tamén se recollan alimentos e xoguetes para o programa Silleda Solidaria, a rede de axuda coordinada polos Servizos Sociais do Concello. Para consultar a programación, consulta no seguinte arquivo