Servizo Lúdico Educativo

O Concello de Silleda conta cun Servizo Lúdico Educativo de atención a nenos e nenas de Infantil e Primaria fóra do horario lectivo. Tamén se oferta este servizo durante as vacacións de Nadal e durante o verán (dende o remate do curso ata a víspera do inicio das clases).

Trátase dun programa de conciliación familiar e laboral, polo que vén apostando o Concello de Silleda dende o ano 2007.