Dependencias Municipais

A Casa Consistorial de Silleda está situada na rúa Progreso número 41. As oficinas xerais e técnicas, Rexistro Xeral, Padrón, Alcaldía, Urbanismo, PIC, AEDL, Emprego, Servizo Municipal de Augas, Policía Local e Oficina de Consumo atópanse neste edificio, centralizándose así os servizos municipais. O Xulgado de Paz e Rexistro Civil tamén están situados no Concello.

O horario de atención ao público no Concello é de 08:00 a 15:00 horas (ata as 14:00 nos meses de verán). O Xulgado de Paz abre de 09:00 a 14:00 horas.

 

 

Enderezo: rúa Progreso Nº41 36540 Silleda

Teléfono do Concello: 986 580000

Teléfono Xulgado de Paz/Rexistro Civil : 886 159274

Enderezo electrónico: info@silleda.gal

Situada na rúa Trasdeza, o edificio foi inaugurado no ano 2003 logo dunha fonda renovación da que foi escola nos anos 50, e tamén centro cultural e biblioteca. Ademais de ser un referente como centro de ocio para a rapazada e mocidade, neste centro, que dispón de servizos como ludoteca, acceso a Internet e varias salas para impartir cursos, charlas…desenvólvense distintas actividades. Tamén se expide neste centro o Carné Xove. O horario é de luns a domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.

Enderezo: rúa Trasdeza Nº90

Horario: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas

Teléfono: 986 580064

E-mail: casa.xuventude@silleda.es

Inaugurada a finais do 2004, conta con máis de 10.00 volumes. Está situada dentro das dependencias da Casa da Xuventude.

Enderezo: rúa Trasdeza Nº90

Horario: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas

Teléfono: 986 580720

E-mail: biblioteca@silleda.com

Abreu as súas portas no ano 2006, convertíndose nun novo punto de encontro a nivel social e cultural para os veciños e veciñas da Bandeira e arredores. As súas instalacións acollen tamén as dependencias da Escola de Música da Bandeira, a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira e o Coro Vales Mahía, ademais de ser lugar de ensaio dos grupos folclóricos Fortín da Pomba e Xirandola.

O auditorio Manuel Dopazo, con espazo para máis de 200 persoas, está dotado de aulario para os ensaios dos colectivos da localidade. Foi remodelado no 2023 dotándoo con novo equipamiento técnico (novo proxector de alta definición e pantalla, luces LED e equipo de son coma unha mesa de mezclas).

Enderezo: rúa do Deporte, s/n (A Bandeira)

Teléfono: 986 585838

Horario: de 16:00 a 22:00 horas

A Escola de Música Municipal de Silleda naceu a mediados dos anos 90. Conta con dúas seccións, en Silleda e na Bandeira, e actúa como canteira da Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira. O centro organiza ademais distintas actividades, festivais, concertos didácticos…

Enderezo: Avenida Recinto Feiral Nº15

Teléfono: 986 592 004

e-mail: jose.rodriguez@silleda.es

Sección Bandeira:

Enderezo: Rúa do Deporte, s/n (A Bandeira)

Teléfono: 986 583 583

Enderezo: rúa da Chousa Nova Nº67

Teléfono: 986 592037

Horario: de martes a venres (luns pechado): de 15:30 a 19:30

Sábados e domingos: de 19:00 a 23:00 horas (sesión baile ata as 21:30 horas)

e-mail: centrosocial@silleda.es

O Centro Social dos Maiores da Bandeira está situado no baixo das vivendas sociais.

Enderezo: Maceira Boa Nº10

Horario: de 17.00 a 20.00 horas (de martes a venres)

Centro Cultural Vista Alegre é un dos edificios máis emblemáticos da Bandeira. Construído por emigrantes de Bos Aires con ideas ilustradas, comezou sendo unha escola e biblioteca. Hoxe, ademais de contar coa, constitúe o local social dun amplo abano de diversas asociacións que desempeñan nel unha boa parte das súas actividades.

Enderezo: rúa Vistalegre Nº16

Horario: de 16:00 a 20:00 horas

Teléfono: 986 585550

E-mail: asocvistalegre@terra.es

O punto limpo de Silleda entrou en funcionamento no ano 2007. Está situado en Vilanova (Margaride), no antigo tramo da N-525, preto do tanatorio.

Horario: está aberto todos os mércores e sábados de 09:00 a 14:00 horas

Quen pode utilizalo?

O punto limpo é un servizo totalmente gratuíto aberto a todos os veciños e veciñas, agás as empresas.

Que residuos se admiten?

Grandes electrodomésticos: lavadoras, frigoríficos, microondas, cociñas…

Pequenos electrodomésticos: batedoras, maquiniñas de afeitar, secadoras…

Aparellos electrónicos: televisores, ordenadores, consolas, xoguetes electrónicos….

Calquera residuo que polas súas dimensións non poida depositarse nos contedores urbanos: mobles, sillas, colchóns, metais, bicicletas…

Materiais inertes de obras domésticas.

Papel, vidro, plásticos, esprais, pilas, aceites usados, tubos fluorescentes (sen rachar).

 

RESIDUOS NON ADMITIDOS:

Materia orgánica.

Residuos industriais de grandes e medianas empresas e residuos radiactivos: Productos químicos, tóxicos e perigosos (como por exemplo Uralitas).

Medicamentos.

Neumáticos.

 

POR QUE É TAN IMPORTANTE RECICLAR?

PLÁSTICO AGRíCOLA:

Para fabricar 1kg de plástico agrícola emítense 2,7 m3 de CO2 á atmósfera.

Tarda en degradarse entres 400-500 anos metido na terra.

 

PAPEL

1 Tonelada de Papel reciclado evita cortar 14 árbores.

1 Tonelada de Papel precisa gastar 100.000 litros de auga.

 

VIDRO

1 botella de vidro non se degrada nunca.

Pola reciclaxe recupérase o 100% do material para un novo uso.

 

PILAS

1 pila alcalina, contamina 175.000 litros de auga.

1 pila de botón pode contaminar ata 6,5 millóns de litros de auga.

1 pila de mercurio contamina 600.000 litros de auga.

 

ACEITE USADO

1 litro se aceite usado de cociña contamina 1.000 litros de auga.

1 litro de aceite usado de cociña reconvértese en 1 litro de biodiesel.

 

ENVASES (contedor amarelo)

1 envase de aluminio tarda 350-400 anos en degradarse.

1 envase de latón de conservas tarda entre 10-100 anos en descompoñerse.

1 bolsa de plástico tarda en degradarse entre 400-500 anos.

 

Novo servizo: Recollida de mobles, enseres e voluminosos.

O Concello de Silleda, co ánimo de mellorar a xestións de residuos, contribuír ao coidado do medio ambiente e ofrecer novos e mellores servizos á veciñanza, pon en marcha a RECOLLIDA DE MOBLES, ENSERES E VOLUMINOSOS A DOMICILIO, un servizo GRATUÍTO para a cidadanía.

                                  

QUE se recolle: mobles, enseres domésticos e obxectos voluminosos, e madeiras, que se reciclarán no Punto Limpo.

NON se recollen: cascallos, residuos de construción, uralitas, rodas, residuos perigosos, industriais e en xeral, calquera residuo que non teña a consideración de sólido urbano de orixe doméstica.

COMO FUNCIONA: Ponse a disposición da cidadanía un servizo de recepción de avisos no teléfono gratuíto 900 909 744. As persoas usuarias deste servizo recibirán as instrucións precisas en canto a horarios, data, lugar de depósito, obxectos admitidos e non admitidos, etc.

Tras recibir esta información oportuna, as persoas usuarias depositarán os aveños voluminosos á hora, data e lugar acordados. Á súa vez, estas deberán informar sobre o tipo de mobles ou enseres que van depositar e o nome e teléfono da persoa que vai facer uso do servizo.

Situado no Concello de Silleda, onde se atopan as dependencias dos Servizos Sociais municipais, esta entidade é a encargada de promover a igualdade de xénero, así como de asesorar e levar a cabo distintas actividades dirixidas ás mulleres.

Enderezo: rúa Progreso Nº41

Teléfono: 986 581694

e-mail: cim@silleda.es

Web: cimsilleda.blogspot.com

  • Pavillón deportivo César González Fares
  • Pavillón deportivo da Bandeira
  • Pistas de tenis e pádel de O Castro
  • Campo de Fútbol de Outeiriño (Silleda)
  • Campo de Fútbol de Mularedos (Lamela)
  • Campo de Fútbol de Agro Novo (Laro)
  • Campo de Fútbol de A Gandareira (A Bandeira)
  • Piscina Municipal de Silleda
  • Piscina Municipal de Bandeira
  • Campo de Tiro » O Picoto», en Vilar