AVISO - MENSAXE URXENTE

Precísase con urxencia unha nevera

Dende o programa municipal Silleda Solidaria facemos un chamamento para equipar con unha nevera o domicilio dunha familia do noso municipio, que precisa con urxencia este electrodoméstico.

Moitas grazas por colaborar.

O Concello agradece ao colectivo solidario O Mencer as aportacións ao Banco de Alimentos

O Concello de Silleda, a través do departamento de Benestar Social, que dirixe Dolores García, quere amosar, unha vez máis,  o seu agradecemento á asociación solidaria Mencer de Lalín, que entregou hoxe varias caixas de hortalizas e fruta ao Banco de Alimentos silledense, dentro do programa Silleda Solidaria.

Estes alimentos repartiranse entre as familias con menos recursos do municipio, usuarias do Banco de Alimentos, dende onte continúa a recollida de produtos non perecedeiros nos supermercados de Silleda e A Bandeira.

“Temos que agradecer a colaboración deste colectivo de Lalín, que xa en varias ocasións está a colabroar con nós, ao igual que moitos veciños e veciñas, establecementos, asociacións, empresas  e colectivos que están a facer achegas ao programa”, engade Dolores García.

Nesta liña, dende o programa Silleda Solidaria tamén se aplaude a iniciativa da organización do Bandeirock que o pasado día 21 recolleu alimentos a favor de Silleda Solidaria no concerto celebrado na Bandeira.

 

Campaña continua nos supermercados

Do mesmo xeito, todas aquelas persoas que desexen colaborar co Banco de Alimentos poden facer as súas achegas de produtos non perecedeiros nos supermercados de Silleda e da Bandeira, onde se vén realizando unha campaña de recollida continuada. “Tamén hai que agradecer aos establecementos e a todas aquelas persoas que fan as súas aportacións as súas achegas”, engade Dolores García.

 

Banco de Alimentos

O aprovisionamento de alimentos é unha das liñas de actuación do plan municipal. Preténdese completar o programa de alimentos da Cruz Roxa con outro tipo de produtos que poidan cubrir necesidades puntuais. Poden recollerse produtos excedentarios da horta, ou outros. Tamén se farán campañas de recollidas nos supermercados

Intercambio/préstamo de libros

Coa colaboración das Anpas preténdese crear nos centros de ensino públicos do municipo un servizo de intercambio/préstamo de libros de texto, para atender as necesidades de nenos e nenas de familias con poucos recursos económicos.

Mobles e outros enseres

Silleda Solidaria tamén mobilizará mobles, colchóns ou electrodomésticos, entre outros enseres, que aínda usados poidan servir e prestarlle un servizo á xente que o precise.

Hortas Solidarias

Dende o programa municipal promoverase o cultivo de hortas, en fincas que poidan ser cedidas por particulares (xa hai varios dispostos) para que sexan traballadas por xente que o precise e non dispoña de terras.

Roupeiro municipal

Dende o ano 2008 Silleda dispón dun roupeiro municipal situado nas dependencias do Centro Social. Aquí os veciños e veciñas poden deixar a roupa e calzado que xa non usen e que poida servir para outras persoas.

Centro de Acollemento Social

A vivenda da estación ferroviaria de Ponte Taboada será arrendada polo Concello de Silleda, que reformará o edificio e o habilitá como centro de acollida social de xeito temporal, para dar resposta, de xeito puntual a veciños/as e familias que o precisen por distintas circunstancias.

Asociacións Colaboradoras

BAnner
Asociación de Veciños A Trabe de Ponte
BAnner
Asociación de Mulleres Rurais de Abades
BAnner
Asociación de Veciños de Manduas (Avema)
BAnner
Asociación de Veciños de Parada
BAnner
Asociación Amas de Casa Rurais Fervenza do Castelo
BAnner
Asociación de Mulleres de Silleda
BAnner
Asociación Sociocultural Adellís
BAnner
Asociación Mulleres Rurais O Candán
BAnner
Asociación de Veciños San Martín de Negreiros
BAnner
Asociación Amigos da Escola de Paredes
BAnner
Avanza Trasdeza
BAnner
Asociación Santiago Apóstol de Taboada
BAnner
Asociación Rural de Mulleres de Siador (Arumus)
BAnner
Asociación de Axuda ao Necesitado
BAnner
Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (Ecos)
BAnner
Asociación Cultural Vista Alegre

Para as asociacións

Se pertences a unha asociacion Silledense e queres enviar enviar unha mensaxe-aviso a Servicios Sociais pincha aqui: