¿Qué é Silleda Activa?

Trátase dun novo programa municipal para ampliar a oferta de actividades destinadas ao colectivo de maiores, unha iniciativa coa que bota a andar o Clube do Centro Social dos Maiores.

O programa Silleda Activa conta cunha variada oferta para os veciños e veciñas maiores de 65 anos ou pensionistas, que non só resultan beneficiosas para mellorar a súa actividade física, mental ou as súas aptitudes.

Esta é a primeira aposta do Clube do Centro Social dos Maiores, co que se busca dinamizar os dous centros de Silleda e A Bandeira. Os socios e socias do clube terán vantaxes e descontos nas actividades municipais, na cafetería dos dous centros e tamén en distintos establecementos como ópticas, herboristerías, ortopedias, parafarmacias ou clínicas dentais.

Para coñecer os descontos ofertados preme aquí:

Descontos para os socios/as do Clube do Centro Social dos Maiores

ÓPTICAS

  • Óptica TITANIUM (Avda. do Parque nº35 baixo – Silleda)

Entre un 15% e un 20% de desconto

 

  • Óptica SILVA (Rúa Trasdeza nº61 – Silleda)

Ata o 15% de desconto, agás promocións

 

SERVICIOS DE PODOLOXIA E ORTOPEDIA

  • SERINTER (Avda. do Parque nº32 – Silleda)

Consulta de podoloxía: 5% de desconto.

Compras en ortopedia:

o   Ata 50€ - 4%.de desconto

o   Dende 51€ ata 100€ - 5%.de desconto

o   Dende 101€ ata 300€ - 5.5%.de desconto

o   De 301€ en adiante aplicarase o 6% de desconto

 

DENTISTAS

  • PENA RODRIGUEZ S.L. (Rúa Progreso nº76 baixo – Silleda)

Un 10% de desconto en consulta

  • MARTA MACÍA (Rúa Xeral nº38 baixo – Bandeira)

Un 10% de desconto en consulta

  • MANUEL J. LOPEZ GARCIA (Rúa Trasdeza nº81 1º - Silleda)

Un 10% de desconto en consulta

 

HERBOLARIOS E PARAFARMACIAS

  • HERBOLARIO ISCA (Rúa Progreso nº14 baixo – Silleda)

o   Produtos Herboristería- 5% de desconto

o   Consulta naturopatía.- 30% de de desconto

 

  • A PARAFARMACIA (Rúa República Arxentina nº6 baixo – Silleda)

o   Revisión auditiva GRATIS (con cita previa no 986592599) realizada por un profesional da saúde dos Centros Auditivos GAES na parafarmacia.

o   Desconto do -10% na sección de ortopedia e podoloxía (agás en artigos que se soliciten a través da Seguridade Social, se atopen xa en oferta ou sexan en aluguer).

o   Desconto do -5% en tódolos produtos de cosmética facial e corporal (para adulto), herbolario e perfumería (agás artigos que se atopen xa en oferta).

o   Desconto do -30% en consulta nutricional.

 

MODA E COMPLEMENTOS

  • LUSQUE E FUSQUE (Rúa Progreso nº18 baixo – Silleda

 

  • RETRINCOS (Avenida do Parque. Galerías).

 

Nace o Clube do Centro Social dos Maiores de Silleda

O Clube do Centro Social dos Maiores de Silleda bota a andar coa posta en marcha do programa Silleda Activa, unha completa e variada oferta de actividades dirixidas ao colectivo da terceira idade. O programa foi presentado hoxe pola alcaldesa, Paula Fernándeza Pena, que xa hai uns meses avanzou a creación dunha entidade asociativa para a xestión e dinamización dos dous centros sociais de maiores, o de Bandeira e o de Silleda.

Logo do inicio das sesións de ximnasia terapéutica as actividades continuarán ata o vindeiro mes de decembro co inicio do obradoiro de arte terapéutica, no que se traballarán aspectos manipulativos, á vez que creativos e imaginativos  que reforcen tamén o movemento físico e axilidade mental. Os traballos realizados servirán ademais para decorar

O programa Silleda Activa complétase, para este último trimestre do ano con outras actividades novidosas coma un taller de alfabetización dixital no que os maiores poderán acadar un mellor nivel formativo nos campos da lecto-escritura ou no coñecemento das novas tecnoloxías, sacando maior rendemento, por exemplo, ao teléfono móvil.

Tamén destaca a posta en marcha da actividade Intermentoring, un proxecto que busca fomentar a conexión interxeracional, “para que os mozos e mozas, os silledenses máis novos, aprendan dos nosos maiores”, sinalou a alcaldesa. Así formaránse parellas interxeracionais para realizar actividades conxuntas, nas que os maiores se convertirán en “mentores”, recibindo formación específica sobre habilidades comunicativas, escoita activa e técnicas motivacionales que repercutan na mocidade.

A alcaldesa avanzou que neste primero trimestre levarase a cabo a fase de formación dos mentores, e que xa no mes de decembro abrirase a proposta ao alumnado do IES Pintor Colmeiro.

No ámbito da formación,  o Silleda Activa inclúe clases de informática, co programaConectad@s, en colaboración coa asesoría Parque 7, para adquirir coñecementos básicos sobre todo á hora de navegar por Internet ou usar o correo electrónico. Tanto a alcaldesa como a representante de Parque 7 que acudiu á presentación, Raquel Bodaño, advertiron que básicamente con estes cursos se busca “que os participantes perdan o medo a usar o ordenador”. As clases impartiranse nas instalacións da asesoría, e terán un número máximo de 30 alumnos, “xa que dispoñemos de 15 equipos informáticos e non queremos ter máis de dúas persoas por cada ordenador”, sinalou Raquel Bodaño, quen amosou a súa dispoñibilidade a seguir colaborando co Concello de Silleda.

As habilidades sociais tampouco faltan no programa silledense, coa actividade titulada Un avó xenial, para ensinarlle aos maiores a mellorar nas súas relacións, e adquirir unha maior destreza transmitíndoa aos seus familiares, en especial aos netos e netas.

Tampouco faltará o obradoiro de memoria, para fomentar o entrenamento mental, e no apartado das artes, as clases de pintura nas que de novo, a igual que o pasado ano, maiores e mozos/as compartirán o seu talento. As sesións de bailes de salón completan o programa Silleda Activa, que será presentado aos maiores, “os auténticos protagonistas desta iniciativa” , engade a alcaldesa, o vindeiro sábado.

“Co plan Silleda Activa pretendemos diversificar a oferta para os maiores de Silleda, con accións non só atractivas, senon que resulten beneficiosas para mellorar a súa actividade física, mental ou as súas aptitudes, máis aló das xa clásicas celebracións”, apuntou a alcaldesa.

Os calendarios das distintas actividades, xunto con outras celebracións que xa son un clásico nos dous centros silledenses (magosto, xuntanza de Nadal, festa de fin de ano…) xa están disponibles nas instalacións municipais e os interesados poden recibir información e inscribirse nos propios centros  ou chamando ao 986 592037.

“É un programa moito máis ambicioso”, apuntou a rexedora, que presentou o programa acompañada tamén polo voluntario que atende no centro de Silleda, Diego Rodríguez; Belén Montouto e Soledad Rey (encargadas dos centros de Silleda e A Bandeira).

Descontos e vantaxes do clube

Paula Fernández explicou que nos vindeiros días tamén se poñerá en marcha unha campaña informativa para facerlle chegar aos 2.563 veciños e veciñas de Silleda que superan os 65 anos de idade cartas personalizadas explicándolles as vantaxes e beneficios de pertencer ao Clube do Centro Social dos Maiores.

A día de hoxe xa se están a ultimar os  carnés de socio que  son gratuitos. “Con este carné os/as titulares terán dereito a disfrutar de descontos tanto en actividades municipais como en distintos establecementos do municipio. “Para elo nos últimos días buscamos a colaboración con distintos comercios e empresas a través da proposta que formulanos a ECOS”, sinalou a alcaldesa, que agradeceu a súa participación aos establecementos que xa amosaron a súa vontade de participar.

Con esta iniciativa, os establecementos que ofrezan descontos “contarán  con máis de 2.500 potenciais clientes”, engadíu a alcaldesa. Así, prevénse descontos de ata un 6% en productos de ortopedia e podoloxía, de ata un 10% en clínicas dentais e de ata un 20% en ópticas.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, lembrou que o pasado mes de maio comezouse a perfilar a creación dun colectivo para dinamizar o Centro Social dos Maiores.

“Coa creación deste  pretendemos acadar unha maior implicación dos usuarios que acoden habitualmente a estas depedencias municipais, e que participarían directamente na súa dinamización e na organización de actividades”, dí Paula Fernández, “pero tamén abrir os centros a outros maiores que non acostuman a acudir a eles”, engadiu.

A idea de crear o clube tivo moi boa resposta entre os usuarios das dúas instalacións do centro (en Silleda e A Bandeira). Das 107 persoas enquisadas o pasado mes de maio, case a práctica totalidade (103 en concreto), amosaron a súa conformidade con esta iniciativa. Na enquisa tamén se consultou aos usuarios do Centro Social dos Maiores sobre as súas preferencias na organización de actividades. A celebración de excursións e sesións de baile encabezaron daquela  o ránquin de preferencias dos usuarios, seguidas de obradoiros para exercitar a memoria, de pintura ou de novas tecnoloxías.