¿QUÉ É UNHA OMIC?

 

A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é unha dependencia do Concello para atender, asesorar e informar sobre a defensa de consumidores e usuarios, con carácter gratuíto. A consulta pode facerse persoalmente na propia OMIC, dirixíndose a:

Rúa Alfonso Trabazo número 3-Silleda

Tlf: 986 580000/Fax: 986 581021

e-mail: omic@silleda.es

*Para determinadas consultas é precisa a visita persoal para poder estudiar o obxecto da consulta e revisar os documentos que se aporten.

*Para máis información ou descargar formularios prema aquí 

AS FOLLAS DE RECLAMACIÓN

Son instrumentos que teñen os consumidores e usuarios para calquera reclamación en defensa dos seus intereses

Están a disposición dos consumidores e usuarios en todo momento e anunciadas en lugar visible.

Cando non estea de acordo co producto ou servicio prestado, debe solicitala ó/á responsable do establecemento, cubrila cos seus datos e expoñer o motivo da queixa.

Unha copia quedará para ó/á responsable da empresa e co orixinal e a outra copia, deberá dirixirse á OMIC, onde se lle dará trámite.

As probas serán unidas á reclamación.

ALGÚN DOS ESTABLECEMENTOS QUE DEBEN TER AS FOLLAS DE RECLAMACIÓN

 

* Talleres de reparación de automóbiles.


* Panaderías


* Hostalería: Restaurantes, Cafeterías, Aloxamentos turísticos, etc.


* Transporte de viaxeiros: Taxis.


* Compañía de aviación, autoescolas....


* Gasolineiras.


* Espectáculos públicos: Teatros, Cines, Circos, Concertos,etc.


* Tinturerías.


* Servicio de reparación de electrodomésticos.


* Locais de actividades deportivas.


* Axencias de viaxes.


* Piscinas.


* Ximnasios e Pistas de Atletismo.


* Hospitais, Centros de Saúde.


* Correos,etc.

CONSTITUIRÁ INFRACCIÓN TANTO CARECER DE FOLLAS DE RECLAMACIÓN COMO A NEGATIVA DE FACILITALAS

 

Establecementos adheridos ó sistema arbitral de consumo

 

  • JARDIGAL.

  • MANUFACTURAS BERNABÉ.

  • SUPERMERCADOS CONSUM.

  • TIENDAS BERNABÉ

  • VALIÑO

  • VIVEIROS DE SILLEDA.