¿Qué é o Plan Municipal de Creación de Emprego?

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Emprego e Comercio,  puxo en marcha a finais do ano 2015 un plan para incentivar o emprendemento e a creación de entidades empresarias para axudar aos veciños/as e co obxectivo primeiro de contribuir á creación de emprego, outorgando axudas a fondo perdido.

Logo da aprobación das bases en Pleno en setembro de 2015, outorgáronse un total de 5 axudas.

Na anualidade 2016, aumenta a partida orzamentaria para este plan, situándose inicialmente en 25.000 euros, e modifícanse as bases reguladoras en consenso con todos os grupos da Corporación Municipal. A contía das axudas pasa a depender dun baremo de puntuación, -con cantidades variables en función do cumprimento de distintos requisitos, podendo alcanzar como máximo os 3.000 euros. Para a convocatoria de 2007 as bases modifícanse ampliando os  gastos subvencionables no apartado de proxectos do sector Primario, do  Medio Ambiente ou de I+D+I.