II Certamen: Nas Festas Somos Máis

Bases do II Concurso de promoción do empadronamento nas festas do Concello de Silleda ‘Nas festas… somos máis!’

 

 

1.      Obxeto

 

O Concello de Silleda convoca o II Concurso Nas festas… somos máis!, coa intención de promocionar a riqueza turística e  paisaxística do Trasdeza, así como de fomentar o empadroamento no noso municipio.

 

2.      Participantes.

 

Poderán participar neste certame todos os colectivos legalmente constituídos e as  Asociacións organizadoras de festas patronais e/ou gastronómicas do municipio de Silleda, e cuxos integrantes estean empadroados en Silleda (o representante deberá ser maior de 18 anos).

 

3.      Descrición dos traballos e temática.

 

Entenderase como ‘traballo participante’ a totalidade da campaña promocional da festa que se realice para cada evento, así como a promoción turística e de empadroamento que se leve a cabo durante o evento en cuestión.

 

Cada organización deberá presentar unha memoria na que se especifiquen as actividades de promoción da festa e durante a mesma. Entenderanse actividades que se poidan engadir nesta convocatoria:

 

- Accións de promoción do empadroamento durante a promoción da festa (cartaces, actos de presentación do evento…)

 

- Actividades levadas a cabo durante a festa ( actos de divulgación da riqueza cultural, patrimonial e turística)

 

- Promoción dos grupos culturais e musicais locais, mediante a contratación de grupos musicais, de baile tradicional, de animación… ou de calquera outra índole; que teñan a sede no noso municipio.  

 

- Calquera outra acción ou actividade que a organización estime oportuna engadir ás xa establecidas nestas bases, e que se considere que colaboran á finalidade desta convocatoria.

 

 

 

A temática será exclusivamente a promoción do noso Concello e o fomento do empadroamento no mesmo.

 

Valorarase a orixinalidade das iniciativas, e para levalas a cabo poderán solicitarse ao Concello de Silleda cantos materiais divulgativos sexan necesarios –sempre e cando o Concello dispoña deles e nesas datas se atope desocupado-, como poden ser os carteis enrollables turísticos (roller up), folletos informativos para a súa visualización…

 

 

4.      Premios.

 

Haberá tres premios:

 

1º Premio: 1.500 €

 

2º Premio: 1.000 €.

 

3º Premio: 500 €.

 

A dotación de cada un dos premios terá como finalidade a financiación da Festa patronal e/ou gastronómica que representa a comisión organizadora (queda constancia que o premio irá dirixido a subvencionar custes da festa –do ano en curso ou da vindeira edición en anos posteriores-, e non actos ou actividades realizados pola comisión/organización non relacionados co evento ).

 

5.      Prazos.

 

Poderán concurrir a este Concurso todas campañas organizadas durante este ano 2017 (dende o 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro).

 

O prazo para a presentación das memorias abrangue dende o 2 ao 13 de xaneiro de 2018 (ambos inclusive).

 

Os traballos presentaranse no Rexistro Municipal.

 

6.      Documentación a presentar para a concurrencia a este Certame.

 

Para participar neste concurso, as diversas organizacións/comisións deberán presentar unha memoria na que se expoñan as distintas accións de promoción do noso municipio e de fomento do empadroamento en Silleda. O formato será en soporte físico (papel ou similar), no que se explique de xeito minucioso os pasos seguidos para acadar o obxeto deste Concurso.

Adxuntarase o modelo de solicitude ANEXO 1 no que constarán os datos das persoas integrantes da organización, ademais da seguinte documentación:

 

A.    Se a organización é unha Asociación constituída:

 

- Copia da acta de constitución.

- Certificado do Secretario acreditando os datos do Presidente (ANEXO 2).

- Certificado bancario do número de conta.

 

B.     Se a organización é un colectivo legalmente constituído:

 

- Copia do Decreto do Permiso de festas concedido polo Concello de Silleda.

- Certificado bancario do número de conta.

 

 

7.      Publicidade das bases.

 

Estas bases serán publicadas na prensa, así como na páxina web do Concello de Silleda e nos distintos perfís e páxinas administradas polo mesmo.

 

8.      Xurado.

 

O xurado estará composto por unha comisión valorativa conformada por persoal municipal con criterio en temas de promoción do municipio,así como representantes do tecido asociativo do municipio (membros de asociacións que non teñan relación algunha coas organizacións ou festas participantes):

 

 

- Presidente: Alcalde

- Vogal 1: Concelleira de Turismo e Cultura.

- Vogal 2: Responsable do Departamento de Prensa do Concello de Silleda.

- Vogal 3: Representante asociativo.

- Vogal 4: Representante asociativo.

- Vogal 5: Técnico de cultura (que realizará as funcións de secretario sen voz nin voto).

 

O Presidente terá a función de desempatar no caso de que se produza algún empate ou incidencia que leve a unha situación de que as puntuacións estean igualadas entre dous ou máis participantes. 

 

De existir algún incidente ou inconvinte que conleve a algún dos membros inscritos no Xurado a non poder participar no mesmo, o posto deberá de delegarse noutra persoa do seu mesmo rango.

 

9.      Criterios de concesión:

 

Os traballos presentados valoraranse en base a:

 

A.    Orixinalidade e calidade da campaña, en xeral………………..……. 10 puntos.

B.     Duración da campaña previa á festa………………………………….5 puntos.

C.     Número de posibles destinatarios na campaña e impacto no noso municipio e fóra del (en base aos medios de comunicación utilizados e distribución de cartaces e material divulgativo da festa, así como a súa repercusión nas redes sociais e outras plataformas dixitais) ...................………………………………………………………….10 puntos.

D.    Contratación musical ou outro tipo de animacións (presentación, animación infantil…) en base a grupos locais (que teñan a sede no noso municipio) …….…………5 puntos por cada grupo contratado cun máximo de 30 puntos.

 

10.  Aceptación das bases.

A participación neste concurso conleva a participación das presentes bases.  

O Concello lanza a campaña de sensibilización “Empadróate en Silleda, porque en Silleda somos máis”

O Concello de Silleda iniciou en xuño de 2016 unha campaña de información e sensibilización sobre o empadroamento. Baixo o lema “Porque en Silleda somos máis”, a iniciativa está dirixida –sobre todo- a aquelas persoas que aínda residindo no municipio non están censadas nel. Estímase que a día de hoxe hai preto de 900 persoas que residen en Silleda e están empadroadas noutros municipios.

Esta iniciativa xurdiu a raíz dos últimos datos do padrón remitidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) segundo os que o municipio perdeu preto de 200 habitantes en 2015, pasando dos 8.960 habitantes a algo máis de 8.700.

Só con este descenso Silleda ingresou  80.000 euros menos de financiación directa. A campaña informativa, coa colocación de paneis e difusión de folletos, na web, prensa e redes sociais, busca concienciar aos veciños e veciñas da importancia de estar empradroados para non perder fondos e así poder manter servizos.

 “Cremos que debemos de incidir na necesidade de concienciar a toda a cidadanía da importancia de estar empradroado onde se reside, todos e todas debemos de concienciarnos porque a situación afecta moi negativamente ao futuro do noso municipio”, engade o alcalde Manuel Cuiña, advertindo  “máis aló do crecemento vexetativo negativo que afecta a outras moitas poboacións galegas do interior, con falecementos que superan ao número de nacementos, temos que facer un traballo concienzudo entre todos para evitar que continúe esta sangría no padrón municipal”, engade.

70 nacementos en 2015

En canto ao número de altas por nacementos, no ano 2015 rexistráronse en Silleda un total de 70  nenos e nenas, cifra lixeiramente inferior a do ano 2014, cando o número de nacementos se situou en 77. Estas cifras supoñen, en liñas xerais, un lixeiro repunte nos últimos anos. O número de nacementos en 2012 foi de 49, aumentando no ano 2013 ata os 56.

Dende o goberno municipal lémbrase que nos últimos anos se teñen posto ademais en marcha medidas  para fomentar o empadronamento e lograr aumentar a poboación.

Así, en distintas ordenanzas xa se estabrecen condicións para os usuarios en función de se están ou non empadroados no Concello de Silleda, nalgúns casos con bonificacións. Tal é o caso dos bonos familiares para o uso das piscinas municipais durante toda a época estival, e que só se venden a persoas que estén empadroadas en Silleda. Así, tamén no Servizo Lúdico Educativo aqueles nenos/as usuarios que non estén empadroados deberán de abonar o servizo completo, sen bonificación alguna nas taxas.