PUNTO LIMPO

 

O punto limpo de Silleda entrou en funcionamento no ano 2007. Está situado en Vilanova (Margaride), no antigo tramo da N-525, preto do tanatorio.

Horario: está aberto todos os mércores e sábados de 09.00 a 14.00 horas

 

¿Quen pode utilizalo?

O punto limpo é un servizo totalmente gratuíto aberto a todos os veciños e veciñas, agás as empresas.

 

¿Qué residuos se admiten?

Grandes electrodomésticos: lavadoras, frigoríficos, microondas, cociñas…

Pequenos electrodomésticos: batedoras, maquiniñas de afeitar, secadoras…

Aparellos electrónicos: televisores, ordenadores, consolas, xoguetes electrónicos….

Calquera residuo que polas súas dimensións non poida depositarse nos contedores urbanos: mobles, sillas, colchóns, metais, bicicletas…

Materiais inertes de obras domésticas,

Papel, Vidro, plásticos, esprais, pilas, aceites usados, tubos fluorescentes ( sen rachar).

 

RESIDUOS NON ADMITIDOS:

Materia orgánica.

Residuos industriais de grandes e medianas empresas e residuos radiactivos: Productos químicos, tóxicos e perigosos ( como por exemplo Uralitas)

Medicamentos.

Neumáticos

¿Porqué é tan importante reciclar?

 

PLÁSTICO AGRíCOLA:

Para fabricar 1kg de plástico agrícola emítense 2,7 m3 de CO2 á atmósfera

Tarda en degradarse entres 400-500 anos metido na terra

 

PAPEL

1 Tonelada de Papel reciclado evita cortar 14 árboes.

1 Tonelada de Papel precisa gastar 100.000 litros de auga.

 

VIDRO

1 botella de vidro non se degrada nunca.

Pola reciclaxe recupérase o 100% do material para un novo uso.

 

PILAS

1 pila alcalina, contamina 175.000 litros de auga

1 pila de botón pode contaminar ata 6,5 millóns de litros de auga.

1 pila de mercurio contamina 600.000 litros de auga.

 

ACEITE USADO

1 litro se aceite usado de cociña contamina 1.000 litros de auga.

1 litro de aceite usado de cociña reconvértese en 1 litro de biodiesel.

 

ENVASES (contedor amarelo)

1 envase de aluminio tarda 350-400 anos en degradarse

1 envase de latón de conservas tarda entre 10-100 anos en descompoñerse

1 bolsa de plástico tarda en degradarse entre 400-500 anos.