¿Qué é Silleda Emprega?

É unha bolsa municipal de Emprego na que o Concello actúa como mediador entre a oferta e demanda de emprego. Este programa púxose en marcha en xullo de 2011, á vista da situación socieconómica, agravada co aumento do desemprego. No seu primeiro ano de funcionamento movilizaronse 290 currículums, e rexistráronse 508 persoas. Preto de 30 empresas recurriron ao Silleda Emprega en busca de persoal. A formación é outro dos ámbitos de traballo do programa.

Nesta bolsa de contratación os/as demandantes de emprego poden deixar os seus currículums e ao mesmo tempo as empresas locais buscar persoal con perfís adaptados ás suas necesidades.

¿Cómo podo inscribirme?

 

Ademais de realizar a inscrición nas dependencias municipais da Concellería de Emprego, sitas na rúa Alfonso Trabazo número 3-Primeiro Andar, as persoas interesadas en anotarse no programa municipal como demandantes de emprego poden cubrir on-line o formulario. Despois de cumprimentalo, hai que remitilo a emprego@silleda.es

www.sepe.es/

BOLETIN DE OFERTAS DE EMPREGO FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

ADXUNTOS

Oferta de emprego: figurantes para serie de televisión

 

Axudas a emigrantes retornados emprendedores/as

O prazo de axudas para emigrantes retornados emprendedores seguirá aberto ata o 31 de agosto

A convocatoria da Secretaría Xeral de Emigración favorece a aqueles que queiran crear a súa empresa ou abrir delegación en Galicia

O Concello de Silleda informa das subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados que queiran emprender un negocio. 

Estas axudas son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, tamén para axudar a emigrantes retornados/as. Toda a información está dispoñible na seguinte ligazón:

http://emigracion.xunta.gal/es/actividad/linea-de-ayuda/subvenciones-promover-autoempleo-y-la-actividad-emprendedora-las-personas-2

CURSO PARA TRABALLADORES/AS DO SECTOR DA HOSTALERÍA/RESTAURACIÓN

Curso  "Xestión do bar-cafetería" e “Xerente de centros en restauración moderna" , según el "mail marketing" que os adjuntamos.

 

Curso dirixido a TRABALLADORES/AS EN ACTIVO NO SECTOR DA HOSTALERÍA/RESTAURACIÓN (INCLUÍDOS AUTÓNOMOS), que desexen mellorar a xestión do negocio no que traballan. O ciclo é  GRATUITO, financiado polo Plan de Formación Estatal, expediente número F140257AA.

 

 

ADXUNTOS

OFERTA EMPREGO: DOCENTES PARA CURSOS

Empresa de xestión cultural busca docentes para impartir cursos a asociacións. Os cursos teñen unha duración de 30 horas, repartidos entre os meses de setembro e decembro. Horario a convir. As prazas son as seguintes:

-Docente de tapicería

-Docente en Técnicas de Relaxación

-Docente en Risoterapia

-Docente en técnicas de memoria

Interesados chamar ao 986 745218

OFERTA EMPREGO: CONDUCTOR CAMIÓN CISTERNA DE LEITE

Búscase chófer maior de 35 anos para camión cisterna de recollida de leite, con dispoñibilidade inmediata. Só persoas con experiencia previa en recollida de leite. Zona residencia A Estrada, Silleda, Lalín ou arredores. Interesados enviar currículums a miniprecios83@gmail.com.

 

 

Axudas a emigrantes retornados emprendedores/as

O prazo de axudas para emigrantes retornados emprendedores seguirá aberto ata o 30 de setembro

 

-A convocatoria da Secretaría Xeral de Emigración favorece a aqueles que queiran crear a súa empresa ou abrir delegación en Galicia

 O Concello de Silleda informa das subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados que queiran emprender un negocio. 

Estas axudas son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, tamén para axudar a emigrantes retornados/as. Toda a información está dispoñible na seguinte ligazón:

http://emigracion.xunta.es/axudas-os-as-emprendedores-as-retornados-as

 

 

O Concello de Silleda volve ofertar un curso de deseño de páxinas web dentro do programa Actívate

O Concello de Silleda, a través do departamento de Emprego, Educación e Participación Cidadá, organizará  un curso de Deseño de Páxinas Web, incluído dentro do programa Actívate 2014,  da Deputación Provincial de Pontevedra.

O ciclo, de 40 horas de duración e de carácter gratuito, está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, con residencia na provincia de Pontevedra. Como mínimo debe de haber 10 alumnos, e como máximo 25. As persoas interesadas xa poden formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello a partir do vindeiro luns día 7, a dun modelo oficial que se facilitará nestas mesmas dependencias (pranta baixa da casa consistorial).

 Os horarios e datas do curso estabreceránse en vindeiras datas. As solicitudes admitiranse por orden de rexistro.  No caso de que o número de solicitantes superase o das prazas ofertadas, terase en conta, en primeiro lugar ás persoas desempregadas (seguido das activas) que non participasen na edición do programa Actívate do ano 2013.

Dende o Concello de Silleda apostase así este ano polas novas tecnoloxías nesta nova iniciativa de formación, un dos sectores que tamén está a ofrecer posibilidades para unha saída laboral ao colectivo dos máis novos, un dos máis castigados pola crise.  

Este curso xa se celebrou con éxito o pasado ano.  

O formulario de inscripción pódese descargar no seguinte documento adxunto:

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina