Convocado o XIX Concurso de Espaparates do Concello de Silleda

Silleda, 27 de novembro de 2018. O Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello de Silleda a través do departamento municipal de Comercio arrancará o vindeiro venres día 7 de decembro no marco do programa navideño en Silleda. O obxectivo do certame, que acada xa a 19 edición, é estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento dos escaparates, de maneira que se dispoñan artísticamente e con sentido publicitario e comercial os produtos que se mostran.

Poderán participar todos os comerciantes e empresarios do Concello que posúan escaparates de exterior preparados de acordo cas condicións xerais que regulan o concurso.

Non se esixirá inscrición previa e será unha Comisión de Admisión a que determinará a partir do día 6 qué establecementos entrarán a formar parte do grupo de seleccionados para o concurso final.

Outorgaránse tres premios: un primeiro do Concello de Silleda dotado con 200 euros, un segundo premio ,  dotado con 150 euros que aporta o Hotel Vía Argentum (ao escaparate máis orixinal e innovador)  e un terceiro de 100 euros por xentileza de Estación de Servicio Silleda, ao escaparate máis comercial con exposición de produto. Os establecementos galardoados recibirán ademais candanseu diploma.

O xurado valorará entre outras cuestións a orixinalidade e innovación, iluminación dos escaparates e tamén o seu carácter comercial á hora de amosar o produto.

Tendo en conta as diferenzas existentes entre os distintos comercios e os produtos quese poden expoñer, valoraranse os medios e recursos cos que se contan así como o esforzo feito en cada traballo.

Os premios serán entregados o vindeiro día 3 de xaneiro no Salón de Plenos de Concello. O xurado desta 19 edición do certame de escaparates estará integrado por profesoras e alumnos/as do   Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Pintor Colmeiro de Silleda, que non poderán ter relación directa cos participantes no concurso.

 Segundo se recollen nas bases  -que poderán consultarse na web municipal silleda.gal- só entrarán en concurso escaparates de exterior, e deben de estar elaborados dende o 6 de decembro permanecendo en exposición ata o 5 de xaneiro. Durante estes días, intentarase non modificar o escaparate concursante en canto ó contido  e non poderán engadirse carteis ou reclamos que modifiquen o verdadeiro  espírito do concurso. Tamén se deberán manter os escaparates iluminados ata as 21:00 horas co desexo de dar maior promoción ao comercio do municipio.

Nos deseños ou exposicións deberán ofrecerse detalles alusivos ás festas do momento, con presenza obrigada de produtos de venda do establecemento, sendo libre a temática a empregar. Valorarase o esforzo por renovar os escaparates e o uso do galego nas mensaxes.

Dende a Concellería de Comercio agradécese a participación tanto dos comercio como das firmas e entidades colaboradoras así como a colaboración dos membros do xurado.

O concelleiro de Comercio, Benito Saavedra, destaca ademais o esforzo “realizado por algúns comerciantes de Silleda que durante todo o ano se esforzan por renovar e sorprendéndonos con orixinais creacións nos seus escaparates”, engade.

 

Subvención do Plan Concellos da Deputación para continuar mellorando o servizo de recollida de lixo

Silleda, 10 de maio de 2018. A Deputación de Pontevedra vén de outorgar ao Concello de Silleda unha nova subvención no marco do Plan Concellos. Así, e na denominada liña 2 do citado plan, para o gasto corrente dos municipios, a Silleda correspóndenlle un total de 71. 934,93 euros, que se destinarán a financiar o servizo público de recollida e trasnporte de residuos sólidos urbanos.

Deste xeito, o Concello de Silleda  completará con esta aportación os fondos que lle corresponden dentro do Plan Concellos, a través dos que se realizaron este ano inversións coma a adquisión da parcela para ubicar a Central de Producción da Rede de Calor con Biomasa, a dotación de puntos informativos no rural, a mellora de camiños en Siador ou a segunda fase do Campo de Fútbol da Gandareira.

 

 

O Concello de Silleda aproba a concesión de subvencións culturais, deportivas e de participación social e veciñal

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 6 de xuño a concesión de subvencións para actividades culturais, entidades deportivas e actividades e participacións social e/ou veciñal. O reparto é o que segue:

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL

 

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES MANTEMENTO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, NO CONCELLO DE SILLEDA, 2018.

 

Asociación

Total outorgado

Banda de música municipal de Silleda

18.700

Banda de música RC de Bandeira

14.570

Xirandola

5.840

Fortín da Pomba

5.340

Coral Polifónica Trasdeza

3.450

Vista Alegre

3.000

Coro Vales Mahía

2.100

Gaiteiros da Pereiriña

700

O Son da Fervenza

700

Amigos de Silleda

600

O Cruceiro de Breixa

600

Sociocultural de Cortegada

500

Coto do Castelo

500

ANPA Musiquiños

500

Cultural e veciñal de Refoxos

300

Cultural e veciñal Ansemil - Martixe

300

Amigos do grupo de gaitas Carqueixas

300

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL

 

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DE PARTICIPACIÓN SOCIAL E/OU VECIÑAL, NO CONCELLO DE SILLEDA, ANO 2018.

 

Asociación

Total outorgado

Feiral Semana Verde

370

Veciños de Laro

370

Vilar de Trasdeza

370

Mulleres do Municipio de Silleda

350

Santiago Apóstol

350

ANPA Brincadeira

350

Axóuxere de Fiestras

350

Copa do Castro

320

Avema

320

San Miguel  de Lamela

300

Avecuco de Cortegada

300

Mulleres de Abades

270

Mulleres Fervenza do Castelo

270

Amigos da Casa Escola de Paredes

270

Mulleres San Martiño de Rellas

270

A Costa de Abades

270

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL

 

SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS, NO CONCELLO DE SILLEDA, ANO 2018

 

CLUB/SOCIEDAD

IMPORTE €

E.F Silleda

6.695 Euros

S. D. Bandeira

5.750 Euros

S.D. Silleda

3.995 Euros

C.F. Lamela

3.525 Euros

C.F. Laro

3.435 Euros

Soc. D. Caza e Pesca

3.000 Euros * (Importe solicitado)

BTT Trasdeza

2.250 Euros

Clube Petanca Bandeira

1.890 Euros

Club Padel Deza

1.200 Euros

C. Pesca Deportiva Río Deza

770 Euros

C. Castillo Deza

600 Euros (Importe solicitado)

C. Tiro Arco Toxarco

525 Euros

 

 

 

 

O Concello de Silleda conta cunha APP para informar e comunicarse cos veciños

Silleda, 3 de maio de 2018.  O Concello de Silleda conta xa cunha ferramenta máis de comunicación coa veciñanza. Trátase da App “Silleda Informa”, que a través da aplicación Bando Móbil, permitirá informar aos usuarios/as de distintas cuestións de interese. Bandos, comunicados, axenda cultural, teléfonos de interese..

Os veciños e veciñas poderán descargar esta APP de xeito gratuito a través da lectura de códigos QR –para o que xa se están a colocar carteis informativos- ou tamén a través de internet.

O servizo, ao que xa están suscritos numerosos Concellos, manten informados aos usuarios sobre cuestións de interese e conta con sección adicadas a cultura e ocio, asociacións, servizos… Tamén conta con con axenda e un listado de teléfonos de servizos públicos do municipio.

Comunica

Un dos apartados máis interesantes é a sección “Comunica” a través da que os usuarios poden reportar incidencias ao Concello de Silleda –adxuntando mesmo fotografías- facer propostas ou consultar distintas cuestións. “Trátase dun servizo que permite ademais de informar, que os veciños se poidan comunicarse co Concello”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

Este servizo súmase a outras canles de comunicación do Concello postas en marcha nos últimos anos, como os perfís oficiais nas Redes Sociais (Facebook e Twitter).  “Con esta App vimos a completar os servizos de comunicación que tanto mudaron nos últimos anos coas novas tecnoloxías”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

 

O Concello de Silleda proxecta a mellora da Senda Botánica de Carboeiro e dos seus elementos patrimoniais

Silleda,  2 de maio de 2018.  O Concello de Silleda proxecta mellorar a senda botánica de Carboeiro, que se creou no ano 2015 ,  así como distintos elementos etnográficos e patrimoniais situados no entorno do mosteiro románico. Plantéxase a reposición das placas informativas da senda e das varandas de madeira, e a restauración do edificio do muiño.

Esta iniciativa foi presentada á subvenicón para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural, da Deputación de Pontevedra. O orzamento dos traballos sitúase en 7.199 euros.

“Con esta proposta buscamos continuar coa posta en valor do noso patrimonio, neste caso no entorno do mosteiro de Carboeiro, que visitan cada ano milleiros de persoas”, indica a concelleira de Cultura e Turismo, Ana Luisa González.

A senda botánica creouse coa colocación de paneis sobre 22 especies arbóreas e de flora autóctonas de Carboeiro, creando un percorrido que inclue tamén construcción coma o pombal, e o muiño do convento. A iniciativa veu a complementar a oferta para os máis de 20.000 visitantes deste enclave, á beira do río Deza e cun alto valor paisaxistico.

O proxecto busca substituir os paneis informativos da senda por outros de maior resistenica (ao estar as actuáis danadas ou borrosas polo paso do tempo), e a colocación de valados de protección nas proximidades do río, que desapareceron polos efectos das enchentas.

Tamén se inclue a recuperación do edificio do muiño, coa limpeza interior e exterior do inmoble, o arranxo do tellado e a colocación dun panel informativo sobre as súas características.

Os contidos informativos das placas metálicas incluirán datos en galego, castelán e inglés.

Roteiro Circular

A senda botánica executouse a través do  proxecto Auga e Pedra, para a mellora do entorno e sinalización tanto do mosteiro como da Fervenza do Toxa, na parroquia silledense de Pazos.

A diversidade de especies no entorno do mosteiro, á beira do río Deza, permitiu a creación desta senda, para disfrutar deste paraxe natural e coñecer as especies a través do seu uso ao longo da historia do mosteiro.

Trátase dun vieiro circular que comeza na parte posterior do mosteiro, moi preto do pombal, continuando polo muiño e rematando de novo xunto ao edificio monacal.

A senda percorre lugares nos que se atopan ata 22 especies de vexetación e flora. Así, figuran o Cerquiño (Melojo); Espiño (Majuelo); Carballo; Érbedo (Madroño); Hedra; Xilbarbeira (Rusco); Escambrón (Endrino); Salgueiro (Sauce); Ameneiro (Aliso); Uz Branca (Brezo blanco); Pereira silvestre; Xesta (Retama); Toxo; o Fento Real; Castiñeiro; Loureiro; Sobreira; Abeleira; Dentabrún (Helecho Macho); Pradairo, Sabugueiro e a Estruga.

Todos estes exemplares intégranse nas fragas e bosques autóctonos que rodean o mosteiro de Carboeiro, formando distintos nievis do estrato arbóre o.Destaca entre elas a Xilbarbeira, unha especie única en perigo de extinción que se atopa tamén xunto á Fervenza do Toxa.

 

 

Silleda logra outra inversión histórica con máis de 590.000 euros para urbanizar o entorno da Residencia de Maiores

Silleda, 5 de abril de 2018.  A vila de Silleda continúa mellorando a súa rede viaria e entorno cun novo proxecto. Baixo o nome “Mellora da Mobilidade Peonil na EP 6518 Silleda-Ponte”, acometerase a urbanización do entorno que discorre entre a rotonda de acceso á Semana Verde e a Residencia e Centro de Día de Maiores, que se está a construir.

Esta actuación conta cun orzamento de 594.320,42 euros, que chegan a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra –titular desta vía- e o Concello. O acordo, que está previsto tamén dar conta no pleno de mañá, establece que a Deputación aportará o 70 por cento da inversión e o Concello o 30% restante.

“Logramos con esta actuación outra inversión histórica para o noso municipio que mudará o aspecto desta zona e suporá iniciar un proxecto máis ambicioso a nivel de ordenación urbanística”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

A actuación nlevarase a cabo nun tramo de 441 metros, dende a intersección coa rúa Feira Internacional de Galicia ata a rotonda da PO-205. O proxecto suporá a transformación desta vía, na pasa a humanizarse con distintas actuacións (medidas de sinalización, clamado de tráfico e creación de espazos peatonais).

Creación dunha praza urbana

Así mesmo, e dadas as características do terreo, tamén se proxecta crear unha meseta elevada como zona de convivencia –entre a Residencia e o Hotel Vía Argentum- con carácter de praza urbana.

Inclúense ademais melloras en distintos servizos como o alumeado público, saneamento e abastecemento, soterramento de liñas eléctricas, xardinería e mobiliario urbano.

“Con esta actuación que esperamos poder tramitar canto antes non só culminaremos un dos servizos máis agardados polos veciños e veciñas como é a futura Residencia e Centro de Día de maiores, senon que tamén se abrirá a creación do que será o cinturón verde de Silleda, unindo a zona deportiva e do recinto feiral coa carballeira das Pedrosas na que tamén se vén de acometer unha importante mellora e incorporando iluminación”, indica Manuel Cuiña.

A humanización  deste entorno, ubicado preto do recinto deportivo e educativo de Silleda contribuirá tamén a reforzar a seguridade viaria neste tramo.

“A día de hoxe en Silleda estanse executando ou a punto de iniciarse obras destacadas como a Residencia o campo de fútbol de Bandeira, ou a futura rede de calor con biomasa que será pioneira en Galicia, e que supoñen unha inversión total que ronda os 6 millóns de euros”, explica o alcalde.

 

 

Convocado o VII Concurso de Microrrelatos

A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Pili Peón, vén de convocar o VII Concurso de Microrrelatos. O prazo de presentación dos traballos será do 2 de abril ao 7 de maio. Velaí as bases do certame:

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda organiza e convoca o VII Concurso de Microrrelatos, en adiante,  “O Concurso”,  que se rexerá polo disposto nas seguintes bases:

Primeira.-  Participantes

O concurso está dirixido a todas as persoas maiores de 6 anos que estean empadroadas en Silleda. Establécense dúas categorías:

  1. De 6 a 12 anos
  2. De 13 anos en diante

Cada participante poderá presentar un único traballo

 

Segunda.- Temática

A temática desta edición será: A EMIGRACIÓN

Valorarase o orixinalidade a creatividade.

 

Terceira.- Procedemento de participación

Todas as persoas interesadas en participar no concurso deben presentarán o traballo, xunto coa documentación establecida, no Rexistro Xeral do Concello de Silleda, ou ben envialo por correo postal na forma reglamentariamente establecida.

A forma de presentación será en papel DIN A4, sempre asinado cun pseudónimo, nun sobre pechado no que irá escrito o nome do Concurso e a categoría na que participa. Ademais deste, incluirase, dentro do mesmo, outro sobre pechado, co pseudónimo e o nome do Concurso escrito por fóra, dentro do cal se debe incluír unha tarxeta cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos do autor, e pseudónimo
  • DNI
  • Nº de teléfono
  • Enderezo postal e enderezo electrónico
  • Idade
  • Título do relato

 

No caso de centros educativos cuxo alumnado participe conxuntamente, os traballos presentaranse todos xuntos nun sobre e os datos estarán anotados pola parte de atrás de cada traballo (nome, apelidos e idade).

O Microrrelato deberá ir titulado e estar integramente escrito en galego, e poderá ser presentado ben :

  • Escrito a ordenador: máximo 500 caracteres, non se terán en conta signos de puntuación
  • Escrito a man: máximo 100 palabras, non se terán en conta signos de puntuación

 

Os traballos deberán ser inéditos e non ter sido presentados a outro concurso ou certame ou a este mesmo en edicións anteriores.

 

Cuarta.- Prazo de presentación

O prazo para a presentación de traballos comeza o vindeiro 2 de abril e remata o 7 de maio de 2018

 

Quinta.- Selección do gañador e/ou gañadora

O xurado encargado de elixir os mellores microrrelatos estará composto por dous profesionais dos medios de comunicación e a concelleira de Normalización Lingüística, Pili Peón, ou persoa en quen delegue.

O fallo do xurados darase a coñecer antes do 31 de maio, e os nomes dos gañadores e/ou gañadoras serán publicado a través das web www.silleda.gal e notificado aos interesados a través do enderezo facilitado. En caso de non poder localizalos no prazo máximo de catro días naturais dende que se emita o fallo, o premio será concedido ao seguinte finalista.

 

Sexta.- Premios

Na categoría de 6 a 12 anos:

  • 1 tablet valorada en 100€
  • 1 vale de 20€ para canxear en comercios do municipio de Silleda

Na categoría de 13 anos en adiante:

  • 1 tablet valorada en 100€
  • 1 vale de 20€ para canxear en comercios do municipio de Silleda

Ademais se o gañador ou gañadora pertence a algún centro educativo do Concello de Silleda, entregaráselle un vale de 50€ para mercar libros en galego para a biblioteca do Centro Educativo, en librerías do municipio.

 

SEPTIMA.- Aceptación das bases

O Concello de Silleda resérvase o dereito de descartar e excluír do Concurso aos participantes que:

  • Se inscriban con datos falsos ou existan indicios de que puideran levar a pensar que os datos son falsos. A estes efectos, poderase esixir aos participantes a verificación dos seu datos si se considera oportuno.

 

  • Cando de calquera forma fraudulenta ou artificial manipulen a súa participación no Concurso.

 

 

  • Cando o Concello de Silleda considere que os relatos conteñen elementos que de calquera xeito poidan considerarse contrarios aos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, induzan, inciten ou promovan actuacións denigrante ou violentas en xeral. Tamén se se atopan protexidas por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros sen que o participante obtivera previamente a autorización necesaria para levar a cabo o uso efectuado ou que pretenda efectuar.

 

  • Cando se incumpran as presentes bases de calquera xeito

Estas bases enténdense aceptadas polo feito de inscribirse no Concurso. Calquera quebrantamento destas suporá a descalificación inmediata do traballo presentado.

O Concello de Silleda resérvase o dereito de modificar as condicións do Concurso en calquera momento, e incluso de anulalo ou deixalo sen efecto. En todo caso, comprométese a comunicar as Bases modificadas a través da web www.silleda.gal de forma que todos os/as participantes teñan acceso a antedita información.

 

Oitava.- Exoneración de responsabilidade

O Concello de Silleda queda exonerado, non facéndose responsable, respecto do incumprimento do participante de calquera garantía en materia de dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de imaxe, así como de calquera responsabilidade que puidera derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso dos participantes no Concurso das presentes Bases.

Asemade, o participante cede os seus dereitos do seu Microrrelato ao Concello de Silleda para a publicación e difusión deste, por parte desta Administración Local, a través de redes sociais, páxina web e/ou publicacións, sen fins lucrativos.

 

 

O mosteiro de Carboeiro recibiu máis de 500 visitas en Semana Santa pese ao mal tempo

Silleda, 11 de abril de 2018.  O mosteiro de Carboeiro rexistrou un total de 515 entradas durante os días festivos da pasada Semana Santa, unha cifra que da conta do interese que segue a despertar este conxunto histórico e patrimonial e o seu entorno, xa que as condicións meteorolóxicas non acompañaron durante esas xornadas.

“Estamos lonxe dos case 1.000 visitantes que tivemos na Semana Santa de 2017, cun tempo moi soleado. Pero tendo en conta a situación meterolóxica desas datas, mesmo con temporais, as cifras son máis que satisfactorias”, indica a concelleira de Turismo, Ana Luisa González.

O xoves Santo foi o día de maior afluenza, con 158 visitas, seguido do Sábado Santo, con 131 entradas, o Domingo de Pascua , con 124 e o Venres Santo, que superou as 100 entradas (102 en concreto) pese a ser o día de máis choiva e vento.

Os accesos durante estes catro días festivos supoñen case a metade do balance mensual de visitas, xa que o pasado mes de marzo se rexistraron un total de 1.212 entradas ao mosteiro románico.

“O balance tendo en conta que o tempo segue sen acompañar non pode ser máis satisfactorio”, remarca Ana Luisa González, que lembra os milleiros de visitantes que recibe Carboeiro e o seu entorno cada ano.

A día de hoxe o mosteiro conta con horario de primavera, abrindo de martes a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas.

Este horario de primavera  aplicarase ata o vindeiro mes de xuño,  ampliándose novamente en xullo co horario de verán (cando estará aberto ao público ata as 20:30 horas). O luns, cómo vén sendo habitual, o mosteiro estará pechado ao público.

As obras do Centro Multiusos de Inserción Social de Silleda, a punto de rematar

Silleda, 10 de abril de 2018.  As obras para crear unha centro multiusos  no recinto deportivo da capital municipal están a piques de rematar.  O proxecto denominado Centro Multiusos de Inserción Social execútase con cargo ao programa Leader -a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Pontevedra Norte-e supón un investimento de 101.446 euros.

Esta nova dotación está situada entre o recinto das piscinas municipais de  de Silleda e o campo de Outeiriño, co que os usuarios de ambalas dúas instalacións poderán utilizar de forma complementaria este recinto. Este centro tamén está situado preto do pavillón municipal pavillón deportivo “César G. Fares”.

As novas instalacións contan con aseos, unha sala principal polivalente e outras dúas aulas máis. A día de hoxe xa está prácticamente listo o acondicionamento interior do local, restando o acabado exterior e a dotación de portas e ventanas.

“Cremos que se trata dunha actación moi beneficiosa para os veciños e veciñas xa que virá a complementar a oferta de servizos que temos en canto a instalacións”, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, que hoxe visitou os traballos.

“A zona deportiva contará nas vindeiras semanas cun novo espazo de carácter social onde se poderán realizar distintas actividades”, engade o concelleiro.

 

O Concello de Silleda instalará paneis informativos no rural

Silleda, 7 de abril de 2018.  O Concello de Silleda acometerá nos vindeiros meses un proxecto para a instalación de paneis informativos no rural . Para facilitar a comunicación cos veciños e a colocación de avisos ou outras informacións de interese, dende o goberno municipal encargouse un proxecto para acometer esta actuación, cunha inversión total de 32.319,82 euros, que se acometerá con cargo á partida que lle corresponde ao municipio dentro do Plan Concellos.

Esta dotación, xa contemplada no orzamento municipal, consistirá na colocación de preto de 40 paneis cun diseño axeitado e integrado no entorno.

Estes paneis contarán con tellado e cunha estrutura para minimizar o impacto no entorno e a facilitar a súa integración paisaxística.

“Trataremos de instalar estes dispositivos na zona con maior afluencia e visibilidade a fin de facilitar información aos veciños e veciñas “, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Esta iniciativa forma parte das actuacións de mellora no rural que se levan a cabo dende o Concello para dinamizar as parroquias silledenses.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina