O luns 7 de agosto abre o prazo de inscrición para o Servizo Lúdico Educativo do vindeiro curso

Silleda, 3 de agosto de 2017. A Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Pilar Peón, abre o vindeiro luns día 7 o prazo de inscrición no Programa Lúdico Educativo de Apertura de Centros Educativos Públicos fóra do horario lectivo, para o vindeiro curso 2017-2018.

Este programa está destinado ao alumnado de Primaria, de 3 a 12 anos de idade. Os interesados/as en participar deben cubrir un formulario de inscrición e presentalo no Rexistro Municipal, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O prazo de presentación das solicitudes remata o luns día 21, pero ao coincidir co festivo local do municipio, a recollida de inscricións prolongarase ata o  martes día 22 .

Os formularios para a inscrición están dispoñibles na Casa da Cultura, no propio Rexistro e tamén se poderán  descargar a través da web municipal www.silleda.gal (pinchando no titular desta nova)  O número de prazas do servizo é limitado.

Preinscrición nas actividades de Nadal e de Verán

Do mesmo xeito, e ao igual que se fixo o pasado ano, o formulario inclúe tamén a posibilidade de reservar xa a praza para os campamentos de Nadal e de Verán, realizando todo na mesma inscrición e evitando así aos usuarios ter que realizar máis trámites.

En este caso coa oferta engadida do CEIP Ramón de Valenzuela de A Bandeira, sempre e cando se acaden un mínimo de 25 participantes . Na Bandeira so se ofertan os campamentos de Nadal e Verán, o Servizo Lúdico ao longo do curso non se oferta).

Coa inscrición hai que axuntar unha serie de documentación, (fotocopia do Libro de Familia, fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor,  declaración da Renda 2016…), entre elas a autorización de domiciliación de recibos, cun formulario que tamén está dispoñible para os usuarios.

Para recibir máis información as familias interesadas poden dirixirse ao departamento municipal de Educación, chamando ao 986 581028.

 

Os bonos para as piscinas municipais xa están a venda no Concello

Silleda, 26 de xuño de 2017. O vindeiro sábado día 1 de xullo abrirán ao público os dous recintos das piscinas municipais, (en Silleda e A Bandeira). O horario será o mesmo que o do ano pasado: de 14.00 a 21.00 horas, de luns a venres  e o sábado e  domingo abrirán de forma continuada dende as 15.00 ás 21.00 horas. Pola semana impartiranse,  como vén sendo habitual, cursos de natación en horario de 12.00 a 14.00 horas. Todas as persoas interesadas en participar poden informarse e inscribirse nas piscinas a partir do día da apertura, ( o sábado)  falando cos socorristas. Ofertaránse ata agotar prazas.

O custe da entrada será de 1 euro por día, tal e como recolle a ordenanza de instalacións deportivas aprobada en 2011, e abonarase nas propias instalacións.

Tamén  están xa á venda no Concello (nas dependencias do Rexistro Xeral), os bonos para toda a tempada. O prezo será, para os residentes no municipio, de 20 euros, e de 16 euros para nenos ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros.

Así mesmo, as persoas que estean empadroadas no municipio de Silleda poderán mercar bonos familiares. Para os dous cónxuxes custarán 20 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, 8 euros, e a partir do terceiro fillo, 0 euros.

A Romaría do Rapaz terá como eixo temático o medievo

Silleda, 10 de xuño de 2015. A Romaría do Rapaz celebra a súa vixésimo novena  edición o vindeiro domingo día 25. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas e outras novas e terá como eixo temático o medievo.

Esta festa singular e única en Galicia, onde os cativos son os protagonistas arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades deportivas e multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.

Entre os obradoiros figuran un de elaboración de escudos (organizado pola Anpa do CEIP de Silleda); de chapas, maquillaxe, artesanía con pintura e tella; creación de imáns; boneco en maceta; viseras; tarabelas; e outro para facer carnés medievais.

Os nenos poderán disfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazo “xogo libre” –para os máis pequenos e pola tarde estará tamén no recinto a aula móvil da Consellería de Medio Ambiente adicada a reciclaxe.

En canto ás actividades multiaventura e deportivas a Romaría do Rapaz contará cun futbolín humano, bola de zorbing, rocódromo, tirolina e ponte mono. Haberá tamén simultáneas de xadrez e clases didácticas de petanca, a cargo do Club de Petanca Bandeira.

Animación do recinto

Durante toda a xornada celebraranse actividades musicais e de animación do recinto. A actuación do  grupo Les Bregadiers sumarase a espectáculos como A danza dos paxaros, o representación teatral de As mil e unha noites, e a obra de títeres Xan Miñoca.

Ademais o carriño “Candy Bar” repartirá lambetadas de balde.

No apartado de inchables a romaría contará este ano con 4 espazos: tabla

Tamén ás 12.30 horas haberá Eucaristía Infantil. O recinto volverá a contar con servizo de pulpeiro e bar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.

Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada na que se poderán mercar ademáis pulseras localizadoras, e camisetas conmemorativas deste certame. Todo o recadado destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria.

Fin de Festa con La Gramola Gominola

Non faltará nesta edición un dos clásicos da Romaría como é o desfile de moda con traxes realizados a partir de material de refugallo. Esta actividade está organizada polo Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda.

Nos vindeiros días comezarán os obradoiros de preparación nos que os nenos e nenas realizan as súas creación para o desfile, que terá lugar a partir das 19:00 horas no anfiteatro da Saleta. A continuación chegará o espectáculo final, que este ano correrá a cargo de La Gramola Gominola, que trae a Silleda o seu espectáculo “Cancións para desafinar”, con música desenfadada para toda a familia para bailar a ritmo de rock, funk, góspel ou punk.

Este é o segundo traballo da formación musical que naceu en 2015 con recoñecidos músicos da escea galega en diversos estilos, logo dun primeiro distco editado na colección Sonárbore (Editorial Galaxia), con 10 temas propios, destacando “Campión Internacional”, “Non movas a Crista”, “Monstro Antón” ou “Sorrir”, coas que xiraron por toda Galicia.

Cancións para desfinar, o seu novo libro-disco inclué novos temas no que convidan a disfrutar da música e a outras aprendizaxes como “A fábrica de Carmela”, “A avoa Fina”, ou “Pita Récords”.

A concellería  de Cultura agradece ás entidades, empresas, asociacións,  vecinos, clubes deportivos e pais saletinos de Siador, a súa colaboración “a esta festa única, que  de seguro volverá a encher de ilusión a moitos nenos e nenas”, engade Ana Luisa González. Dende o Concello tamén se fai un chamamento á colaboración dos asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona.

 

 

 

 

O SÍ gaña, cun 48,5% dos votos, a consulta popular sobre a ubicación do consistorio

Silleda, 4 de xuño de 2017.  Con un 100% dos votos escrutados a consulta popular celebrada hoxe en Silleda pechase cun total de 1.056 votos a favor do traslado das oficinas municipais –o que representa un 48,5 por cento dos votos emitidos- e un total de 1.004 en contra do traslado (o 46%).

Así mesmo, rexistráronse 88 votos en branco (o 4% ) e 31 nulos.  En total participaron nesta consulta 2.179 silledenses, un 27,46 % do total de electores con dereito a voto (7.947).

En  canto á participación, a máis alta rexistrouse na mesa de Taboada, cun 38,87%.  O SÍ gañou en 11 das 13 mesas electorais que se puxeron a disposición dos votantes durante a xornada.

Ao remate da xornada electoral, Manuel Cuiña, acompañado polo grupo de goberno agradeceu “a todos os veciños e veciñas de Silleda” a súa participación nesta consulta “nunha xornada na que fixemos historia e que se celebrou de xeito exemplar”. “Hoxe gañou a democracia e todos os veciños e veciñas de Silleda que así o quixeron tiveron a oportunidade de decidir sobre o futuro da Casa Consistorial”.

Con este resultado, o alcalde, Manuel Cuiña Fernández, indicou que o grupo de goberno se poñerá a traballar para comezar a buscar a financiación precisa a través doutras Administracións e a encargar a redacción do proxecto, para que Silleda teña unha Casa Consistorial máis moderna, ampla e accesible para todos os silledenses”, engadiu.

 

 

O referendum sobre o cambio de ubicación do consistorio será este domingo 4 de xuño

Silleda, 10 de abril de 2017.  A consulta popular sobre o cambio de ubicación do Concello de Silleda xa ten data. Celebrarase o domingo 4 de xuño, segundo anunciou hoxe o alcalde silledense, Manuel Cuiña en rolda de prensa.

Cuiña, que reiterou que a celebración deste referéndum era un “compromiso electoral que incorporamos no noso programa de goberno”, explicou que a xornada do 4 de xuño será similar a de outras eleccións. Así, as mesas serán asistidas por personal municipal, con tres traballadores/as do Concello por cada un dos 13 colexios que se constituirán para esta xornada.

“Os veciños e veciñas irán a votar nas mesas onde o fan habitualmente”, explicou o alcalde, quen avanzou que se elixiu un domingo por ser a xornada na que se prevé maior participación, e que antes de establecer a data se comunicou e consultou co personal municipal para ver a súa dispoñibilidade.

Pese a ter explicado xa a iniciativa nas reunión parroquiais nos últimos meses, o rexedor avanzou que se fará unha campaña informativa sobre o proceso. “Explicaremos máis polo miudo porqué e para qué  propoñemos este cambio, un cambio co que estamos convencidos que os silledenses terán máis e mellores servizos”, indica o alcalde que advirte da necesidade de modernizar a Administración Local.

Sobre o electorado, Cuiña explicou que terán dereito a voto todos os veciños e veciñas maiores de 18 anos (actualizando o censo ata o día da xornada). Tomando como referencia os últimos comicios electorais, en outubro de 2016, estímase que serán sobre 7.000 os veciños e veciñas de Silleda chamandos as urnas o 4-X. As papeletas estarán dispoñibles nas mesas electorais, que abrirán de 09:00 a 20:00 horas.

Unha vez realizado o escrutinio convocarase un Pleno extraordinario para dar conta oficial do reconto. “ E por suposto acataremos o mandato da cidadanía con este referéndum que cremos que  será o primeiro en Galicia con este carácter oficial”, sinalou o rexedor silledense.

Chamamento aos veciños

Cuiña fai  ademais un chamamento aos veciños e veciñas para participar nesta consulta “que será histórica para Silleda e na que queremos contar coa maior participación posible para decidir entre todos algo tan importante como a ubicación da casa de todos os veciños e veciñas”, engade.

A modernización das instalacións municipais e a unificación dos servizos, facilitando os trámites aos usuarios son as principais razóns da proposta que plantexa o goberno. O alcalde advertiu que a día de hoxe hai incluso máis personal municipal traballando fóra que dentro da Casa Consistorial.

Así, na actualidade no Consistorio actual traballan 20 persoas e entre as oficinas de Alfonso Trabazo (onde se ubica Urbanismo, a Policía, Emprego, Augas ou o PIC, entre outros) e as dependencias de Servizos Sociais outros 25.

Antecedentes

A finais do ano 2015 o goberno iniciou os trámites para celebrar este referéndum, tal e como propuxera na campaña das municipais. En xullo de 2016 levouse a proposta a Pleno. Semanas despois dende o Goberno central pediron que se mandara a pregunta exacta da consulta, que se levou ao pleno de setembro de 2016. Logo de que a Xunta enviara a Madrid os informes correspondentes, o pasado 24 de marzo o Consello de Ministros aprobaba a celebración da consulta popular en Silleda, que cumple con todos os requisitos legais establecidos na Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réximen Local.

 

 

Aberto o prazo para solicitar as axudas municipais a actividades culturais e deportivas

Silleda, 18 de abril de 2017.  O prazo para solicitar axudas a actividades deportivas e culturais outorgadas polo Concello de Silleda está xa aberto. O BOP de Pontevedra publica hoxe as bases desta subvencións que aumentan a súa contía este ano en máis dun 30 %. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes natural contado a partir do día seguinte da publicación no BOP, polo que rematará o vindeiro 19 de maio. 

En total as tres liñas de subvencións suman 98.100 euros, o que supón un aumento de algo máis dun 30% respecto á partida outorgada o pasado ano.

Ademais das culturais e deportivas, que xa se poden solicitar, a gran novidade deste ano é a convocatoria das axudas de Participación Social, dirixidas específicamente ás asociacións veciñais, para diferencialas das axudas a colectivos e grupos culturais e entidades deportivas. Neste caso o prazo de solicitude rematará o 21 de maio.

Como xa vén sendo habitual, toda a documentación e anexos a presentar poderá descargarse da web municipal e estará tamén disponible nas dependencias municipais (para descargalos nesta web hai que premer no titular desta nova).

En canto ás axudas para a realización de actividades de mantemento de asociacións culturais e realización de actividades culturais, a partida correspondente é de 58.000 euros. Poderán concorrer as asociacións culturais que estén inscritas no  Rexistro Municipal de Asociacións para financiar gastos de actividades ao longo do presente ano.

Entre os criterios a ter en conta figuran os relacionados coas asociacións (numero de socios, antigüidade, continuidade da traxectoria dende a súa creación); coas actividades (interese cultural, numero de actividades realizadas ao longo do ano, fomento da cultura no colectivo infantil…)

Terán tamén ao igual que nos últimos anos consideración especial os colectivos ou asociacións  que precisen de directores especializados para desenvolver as súas actividades.

No caso das deportivas, a contía é de 35.000 euros, dos que 10.000 euros  se destinarán como nos últimos anos á Escola de Fútbol de Silleda. Neste caso valorarase o fomento do deporte base e das escolas deportivas, o mantemento das instalacións deportivas, o número de participantes directos ou indirectos nas actividades, o interese xeral da actividade, o número de deportistas federados e tamén se valora que estes estén empadroados en Silleda.

A terceira das liñas, a de subvencións para a realización de actividades de promoción da Participación Social e/ou Veciñal tamén está destinada ás asociacións inscritas no rexistro municipal. Teránse en conta criterios como a antigüidade da asociación veciñal, o interese xeral da actividade ou o fomento da participación.

Xustificación, ata o 15 de decembro

Nos tres casos, o prazo para xustificar debidamente as axudas concedidas (presentando en cada caso a documentación requerida) remata o vindeiro 15 de decembro, se ben as entidades que así o estimen poderán solicitar unha prórroga que se aceptará se está debidamente xustificada. 

 

O prazo para solicitar a bonificación no recino do IBI para construcións agrogandeiras remata o vindeiro 31 de mazo

Silleda, 8 de marzo de 2017.  O vindeiro día 31 de marzo rematará o prazo para solicitar, neste ano, a bonificación do 95% para as explotacións agrogandeiras acordada polo Concello de Silleda. O día 1 de xaneiro, logo da modificación da normativa aprobada no Pleno, entrou en vigor a nova ordenanza, con carácter rogado.

Dende a entrada en vigor da ordenanza lévanse xa tramitado preto de medio centenar de expedientes.

Os propietarios de granxas, estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros –sempre que estén en activo- deben acudir  Punto de Información Catastral (PIC) do Concello, situado nas oficinas municipais da rúa Alfonso Trabazo, para solicitar a correspondente bonificación. Alí deberán de presentar a documentación oportuna para acollerse a este desconto que posibilitou a proposta de Alcaldía aprobada inicialmente no Pleno de maio de 2016.

Coa modificación da normativa municipal recóllese a bonificación do 95% da parte da cuota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) na construcción de instalacións rústicas indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, coa declaración previa de especial interese e utilidade pública municipal, social e de fomento do emprego.

Esta medida xurdiu como resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro, que marca como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas.

A consecuencia disto, as instalacións agrarias inclúense agora no Imposto de Bens e Inmobles, co cal pasarán a pagar a cota correspondente.

Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instouse ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), declarando ao sector gandeiro como sector estratéxico. “Ningúen dubida do peso do sector primario no noso Concello”, sinala o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuíña, que advirte que con esta bonificación “tamén axudamos a un sector que agora se ve afectado por esta revisión catastral do Estado logo das moitas vicisitudes polas que vén pasando”, engade.

O rexedor lembra que para o vindeiro ano a ordenanza continuará estando en vigor, co que se abrirá de novo un periodo similiar, entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo para formalizar a solicitude.

 

 

 

Aprobado o orzamento municipal para o ano 2017 que por primeira vez supera os 7 millóns de euros

O executivo local de Silleda levou a pleno o pasado día 20 de febreiro  o orzamento municipal para este ano, que saíu adiante cos votos a favor do goberno, a abstención do BNG e os votos en contra do PP-

O montante global das contas sitúase en 7.1.02.501 euros, unha cifra que supón un incremento de case 140.000 euros respecto ao ano anterior. “Unha vez máis volvemos a presentar un documento impensable hai algúns anos, no que se reflexa tanto o aforro conseguido nos últimos exercicios coma o aumento da capacidade inversora do Concello de Silleda”, indica Manuel Cuiña.

O capítulo de inversións reais segue aumentando progresivamente situándose xa en 1.465.993,96 euros, case 50.000 euros máis que no ano 2016. A partida máis destacada é a correspondente ao Plan de Obras e Servizos (POS), da Deputación de Pontevedra polo que a Silleda lle corresponden 741.293 euros. A través deste programa acometeranse actuacións coma a renovación do terreo de xogo no campo de fútbol de Outeiriño, en Silleda (220.000 euros); a dotación de iluminación no Parque Municipal das Pedrosas (200.000 euros); varias obras de mellora no entorno do Centro Social e campo da festa de Escuadro (80.000 euros); ou a reparación de distintos viais municipais, para o que se inclúe unha partida de 141.293 euros.

Do mesmo xeito a mellora de infraestruturas viarias no rural verase completada con outra asignación de 146.823 euros para arranxar distintos camiños veciñais. “Seguiremos apostando pola conservación das nosas infraestruturas no rural, coa inversión de máis de 500.000 euros  ademais de acometer novas actuacións”, indica o alcalde.

Tamén en relación a mellora de servizos, o Concello de Silleda ten previsto adquirir ao longo deste exercicio nova maquinaria, en concreto unha máquina barredora (65.000 euros) e un tractor (50.000 euros).

Aforro enerxético, acceso á Fervenza e novas rutas de sendeirismo

Por outra banda, no capítulo de investimentos reais reservase outra partida de 115.000 euros para acometer distintos proxectos de aforro enerxético, “unha aposta que iniciamos na anterior lexislatura e que está a dar grandes resultados coa instalación de equipos que permiten ás arcas municipais aforrar no consumo de enerxía”, engade o rexedor.

Tamén no listado de investimentos figura unha partida de 95.000 euros para o Parque Empresarial Área 33, así como outra de 60.000 euros para continuar mellorando os accesos á Fervenza do Toxa, coa dotación, entre outros dunha zona de aparcamento. No ámbito da promoción turística tamén está previsto crear novas rutas de sendeirismo (para o que se reservan outros 6.000 euros).

Continuamos mellorando infraestruturas, servizos para os cidadáns e realizando actuacións necesarias", indica o alcalde silledense lembrando tamén outras actuacións que pese a non figurar neste orzamento están xa en marcha.

"Ás actuacións que se recollen neste documento súmanse inversións clave coma a da  residencia e centro de día, que comezará a construirse esta primavera ou a remodelación integral do campo de fútbol da Bandeira, que se licitará en breve e no que se investirán outros 880.000 euros con fondos provinciais", engade.

Fondo de continxencias e aumento das subvencións

Os orzamentos municipales de Silleda volven contemplar o chamado fondo de continxencias, de novo dotado con 80.000 euros, para financiar actividades que poidan xurdir durante o exercicio ou para cubrir desfases ornamentarías.

"Que un Concello coma Silleda que ata hai pouco o tempo estaba nunha delicada situación económica conte con este fondo é de novo un indicativo de que a xestión das contas se está a facer ben", resalta Cuiña.

Froito desta melloría é tamén o aumento nas subvencións a asociacións e colectivos para a celebración de actividades culturales e deportivas. Así, no caso das culturais a cantidade pasa de 50.400 a 76.000 euros e as deportivas de 30.000 a 35.000 euros. No caso das culturais, da partida de 76.000 euros, 7.000 serán destinados ás asociacións veciñais para desenvolver as súas actividades. Esta nova liña reflexarase nas bases de subvencións que se aprobarán nas vindeiras semanas.

"Sempre mantivemos que era necesario aumentar as axudas aos moitos colectivos e entidades que celebran actividades no noso municipio, e ese apoio tradúcese nun novo incremento para 2017", explica o alcalde, destacando tamén que o orzamento para actividades culturais pasa de 90.000 a 120.000 euros.

No tocante ás axudas destaca tamén o aumento ao 100% na partida destinada ás axudas ao transporte universitario e a compra de libros e material escolar, que pasa de 10.000 a 20.000 euros.

O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego, que dende 2015 vén subvencionando a posta en marcha de novos proxectos empresariais, contará cunha partida de 15.000 euros.

 

Capítulo de Ingresos

No tocante aos ingresos, volve aplicarse a filosofía da prudencia e o rigor económico en base a liquidacións anteriores. En impostos directos (IBI, IVTM, IAE e BICES) está previsto recaudar 1.758.701 euros, uns 29.000 euros que a previsión realizada en 2016. Para o ano 2017 manténse a rebaixa do tipo imositivo do  IBI feita en 2017 polo goberno municipal, que baixou do 0,60 ao 0,53 , “logo  da suba obrigada polo Plan de Axuste do que cada día estamos máis cerca de salir", engade o alcalde

Por impostos indirectos (ICIO) prevese un incremento de 25.000 euros (a partida pasa de 60.000 a 85.000 euros) polos datos optimistas que parecen confirmar unha mellora xeralizada da economía.

"Agardamos que o PXOM, a clave do futuro de Silleda, sexa aprobado pola Xunta canto antes, para revitalizar a economía local nun municipio onde hai moitos veciños pendentes do planeamiento para poder construir a súa vivenda", engade o alcalde.

En canto ás taxas e outros ingresos o capítulo aumenta en 144.000 euros. Mantéñense as previsión de recadación do servido de abastecimiento de auga -municipalizado dende o 1 de xaneiro- e aumentan lixeiramente as previsións de recadación pola entrada a Carboeiro -co incremento do 0,50 euros no prezo público da entrada-ou outras coma as taxas da Escola de Música. Créase así mesmo unha partida polo servizo de tratamento de residuos da construcción, con 270.117, 94 euros, cantidade que se corresponde á debeda que Explotación Mineira de Campomarzo ten co Concello de Silleda.

No tocante ao capítulo 4, de Transferencias Correntes (ingresos doutras Administracións) as previsións de recadación sitúanse se en 2.480.806,03 euros, case 285.000 euros menos que o pasado ano. Este descenso explícase básicamente por non contemplarse xa a doazón de 200.000 euros dun empresario local para a residencia de maiores (ao optarse finalmente pola concesión de animal) e pola baixada na Participación de Tributos do Estado (PIE), que se reduce en 64.000 euros, entre outros.

As Transferencias de Capital (axudas para inversións por parte de Administracións superiores) recollen as aportacións previstas do Fondo de Compensación Ambiental, proxectos cofinanciados do INEGA, o Plan Marco ou o POS da Deputación, que pasa de 630.000 a 741.000 euros neste exercicio.

Capítulo de Gastos

No apartado de gastos, o capítulo 1 de Persoal sitúase en 2.004.747 euros, o que supón o 28,23% do montante total das contas municipais, "unha porcentaxe que tamén é significativa da mellora na economía municipal", sinala Manuel Cuiña.

Os gastos correntes e de servizos sitúanse na liña do ano anterior, con 3.003.072 euros, uns 18.000 euros máis que en 2016. Neste apartado sitúanse gastos coma a recollida de lixo -que vén de ser adxudicada- ou os gastos necesarios para asumir a municipalización do servizos de abastecimento de aguas. Tamén figuran partidas coma os gastos de electricidade , Servizo de Axuda no Fogar, combustibles, mantemento de todos os centros municipais...Tamén destaca o mantemento de camiños municipais cunha partida estimada de 200.000 euros.

 

Indeza, a única sentenza pendente

O pago de sentenzas para 2017 sitúase en 315.000 euros. A maioría desta cantidade (309.642 euros) correspondese a sentenza da débeda coa  empresa Indeza, dos anos 90,  "a única rémora que temos a día de hoxe no Concello de Silleda no tocante a débedas logo de abonar nos últimos anos un rosario de vergoñentas sentenzas condenatorias que fomos herdando", sinala Manuel Cuiña, que lembra que neste caso "como tristemente noutros varios houbo que abonar máis por intereses que pola cantidade principal adebedada”.

En canto á débeda viva, cos préstamos bancarios a longo prazo, sitúase en 2.308.586 euros a principios deste ano, básicamente  polos créditos solicitados no ano 2005 por anteriores gobernos do PP.

 

Dos números roxos a máis de 1,5 millones en inversións

O alcalde de Silleda considera que o orzamento municipal "volve confirmar o espectacular progreso na xestión económica deste Concello, que nos últimos anos pasou de ter un remanente de tesorería negativo a ter superávit nas contas,  e o que é máis importante: a poder facer inversións importantísimas con fondos propios, algo impensable anos atrás cando herdamos unhas arcas municipais lastradas polas débedas e sentenzas condenatorias por impago", engade.

Manuel Cuiña cita tamén logros "que están detrás desta recuperación económica ahora reflexada nas contas" coma a liquidación das débedas coa Fundación Semana Verde, coa empresa Espina. Y Delfín, ou a suspensión da débeda que reclamaba o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar polos gastos da Escola infantil (384.601 euros) cun recurso feito dende o Concello de Silleda que serviu de modelo para outros municipios.

"A Concesión do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra, que continuará ata finais de maio, a municipalización do servizos de aguas, do que esteramos ter datos para poder revisar en setembro as taxas vixentes e sobre todo a consecuión da Residencia do Maiores e o agardado PXOM marcan tamén este novo exercicio para o municipio de silleda", remata o alcalde.

Na orde do día do Pleno Extraordinario do vindeiro luns día 20 figura tamén a delegación na Deputación de Pontevedra das facultades para a xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa polo servizo de augas, a través do ORAL.

O documento quedou dictaminado hoxe favorablemente na comisión informativa, con tres votos a favor do goberno municipal socialistas e as abastencións do PP e BNG.

 

O entroido volta a Silleda con actividades para todos os públicos dende o 17 de febreiro ata o 5 marzo

Silleda, 10 de febreiro de 2017. O programa festivo de entroido no municipio de Silleda arranca a vindeira fin de semana coa cita de Lamela. As actividades foron presentadas hoxe no Concello por parte do alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura e Turismo, Ana Luisa González, así como por membros de distintas asociacións organizadoras.

O programa vai do 17 de febreiro ata o 5 de marzo con distintas propostas para todas as idades e o tradicional entroido do Ulla como protagonista.

A parroquia de Lamela será a primeira parada do percorrido o vindeiro sábado día18 . A partir das 16.00 horas comezará o tradicional desfile de carrozas dende Barravaite e no campo da festa terá lugar ás 18.00 horas a batalla dialéctica con Alto dos Xenerais. A cita está organizada pola Asociación de Xenerais de Lamela (Anxela) representada hoxe por Alfredo Espiño. Ao rematar o Alto actuará o dúo Montse e Pachi que volta pola noite para o baile de difraces e a entrega de premios.

Tamén na xornada do sábado 18 se celebra o Concerto de Entroido da Escola de Música Municipal de Bandeira, ás 12:00 horas no Auditorio Manuel Dopazo e nesta mesma xornada a asociación de veciños A Costa de Abades celebra unha comida de entroido no centro social da parroquia.

A cita cos Xenerais da Ulla volta o fin de semana seguinte á Bandeira. Alí o programa organizado pola Asociación de Xenerais do Entroido da Bandeira arranca o venres día 24 coa xa tradicional Vellada e o Tractor Filloeiro que iniciarán o percorrido ás 20.30 dende a praza da Feira pasando pola rúa Ramón de Valenzuela, rúa Xeral e Camilo José Cela. Haberá filloas gratis e chourizo para os que vaian disfrazados de vellos/as e o tractor venderá estes pratos no seu percorrido.

Xeneralas da Ulla, con títeres Cachirulo

O sábado 25 será o día grande na Bandeira onde a xornada comezará co desfile de cabezudos a partir das 12:30 horas. Rematará cunha representación teatral na praza de Juan Salgueiro . Nesta edición a cita estará acompañada as marionetas de madeira  do espectáculo “Xeneralas da Ulla”, de títeres Cachirulo.

Pola tarde, ás 16:00 horas comezará o desfile do antroido e sobre as 18:00 horas celebrarase o Alto dos Xenerais na praza Juan Salgueiro . Pola noite, no pavillón terá lugar o baile de disfraces coa entrega de premios ás mellores comparsas, charangas e disfraces individuais.

Fotocall dende o venres e  obradoiros na Casa da Xuventude

Para os máis cativos, na Casa da Xuventude de Silleda haberá un fotocall de entroido dende o vindeiro venres 17 ata o 5 de marzo. Tamén neste centro se celebrarán dous obradoiros totalmente gratuitos dirixidos aos nenos e nenas de 4 a 12 anos. As citas serán o xoves 23 de febreiro cun obradoiro de confección de complementos de entroido e o venres 24, co titulado “Somos héroes e heroínas”, neste caso de maquillaxe.

Tamén o venres 25 se celebra no restaurante Coteliño un xantar con baile de disfraces para os maiores, organizado pola Concellería de Benestar Social, e amenizado polo Dúo Punto Zero.

Vista Alegre, Laro,  Moalde e película coa Anpa de Silleda

As actividades continuarán na semana grande do entroido o luns 27 no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, onde o baile infantil é xa unha tradición. Dolores Sangiao e Carmen Varela, membros da directiva, participaron na presentación  da cita que contará con baile e merenda de balde para os asistentes.

O martes de entroido, o día 28 a Anpa do CEIP de Silleda proxectará un film infantil na Casa da Cultura de Silleda ás 17:00 horas, tamén con entrada libre.

Xa o sábado 4 de marzo, o entroido continuará no municipio de Silleda da man da Asociación de Veciños de Laro, cunha festa no local social da localidade a partir das 17:00 horas, con concurso de disfraces, animación e merenda de balde.

O programa silledense remata o domingo 5 de marzo en Moalde, onde os veciños celebram un xantar de confraternidade, na que non faltarán disfraces ou unha sobremesa xogando ao bingo, segunto explicou Gabriela Arrebola, veciña da localidade.

Manuel Cuiña, e as concelleiras Ana Luisa González e Pilar Peón agradeceron o esforzo dos colectivos organizadores destes actos. Así mesmo, o alcalde tamén destacou  o esforzo institucional que se está a realizar na promoción e difusión do ancestral Entroido do Ulla, declarado de Interese Turístico Galego. O alcalde resaltou a colaboración da Deputación de Pontevedra e a Deputación da Coruña, que editaron material promocional un ano máis destes eventos. 

Bota a andar a residencia de maiores e Centro de Día, na que se investirán 3,8 millóns de euros

Silleda, 19 de xaneiro de 2017.  A construcción da residencia de maiores de Silleda está xa en marcha. Hoxe constituiuse a Mesa de Contratación para a apertura de plicas da única oferta presentada ao concurso público da concesión demanial para a construcción e xestión do futuro centro por un periodo de 75 anos. A oferta foi presentada pola empresa Coviastec S.L., con sede en Maside (Ourense).

“Este é o pistoletazo de saída definitivo, logo dunha apertura de plicas que podemos calificar de histórica”, advirte o alcalde, Manuel Cuiña, que presidu o órgano de contratación no que tamén participaron a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Pili Peón, o concelleiro de Urbanismo e Obras e Servizos, Klaus Brey, o arquitecto redactor do proxecto, Martín Pereiras, e os técnicos municipais. Excusou a súa asistencia a representante designada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Logo de revisar a proposta presentada, a Mesa de Contratación destacou especialmente que a empresa Coviastec, aumentou considerablemente tanto o  orzamento da obra coma o número de prazas do centro, mellorando moito a proxecto de licitación.

Así, Coviastec oferta 59 prazas de residencia e outras 20 de Centro de Día, en lugar das 20 e 15 prazas previstas inicialmente no proxecto básico.

Así mesmo, o orzamento de execución material da obra duplica o existente ata os 2.576.676,85 euros. Tendo en conta os gastos asociados á construcción, o orzamento total que se destinará para habilitar o edificio ascende segundo a oferta a 3.800.924 euros.

“A inversión, tendo en conta os 1,7 millóns de euros do orzamento de licitación será máis do doble do previsto”, destaca o alcalde.

O seguinte paso será elevar a proposta de adxudicación da Mesa ao Pleno da Corporación, na vindeira sesión ordinaria que se celebrará o xoves día 26. Segundo se recolle nos pregos, unha vez formalizada a adxudicación a empresa terá tres meses de prazo para facerse cos permisos necesarios de cara á construcción do edificio e un ano e medio de prazo para rematar a obra. “Esto significa que en menos e dous anos Silleda terá por fin, despois de moitos anos de espera,  un Centro de Día Residencia cun total de 79 prazas,”, engade Manuel Cuiña.

Así mesmo, o alcalde destaca que os silledenses terán neste centro as prazas de Centro de Día máis baratas de Galicia, cun máximo de 300 euros ao mes, e tamén unhas das prazas residenciais máis baratas da comunidade.

O edificio situarase na parcela municipal de algo máis de 8.000 metros cadrados situada preto do recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, un terreo que pasou a ser do Concello logo do tamén histórico convenio de compensación de débedas coa Fundación Semana Verde.

“Hoxe é un día especial, como tamén o será o día que se inicien as obras dun dos servizos máis necesarios e esperados polos veciños e veciñas de Silleda”, remata o alcalde.

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina