Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente

Concelleiro de Obras e Servizos: Klaus Brey MontañaKlaus Brey Montaña, primeiro tenente de Alcalde, é o encargado deste departamento municipal que entre outros coordina o mantemento da rede viaria municipal, xardinería, mantemento de centros municipais, limpeza de rúas, parques, campos das festas…
Esta concellería tamén é a encargada  do control das obras doutras Administracións Públicas (Deputación, Xunta, Unión Europea…), entre outras asignacións. .. No tocante á área de Medio Ambiente, destaca a recollida a xestión do Punto Limpo, a mellora de áreas fluviais, acondicionamento de espazos como a Férveda de Escuadro e outros lugares de interese medioambiental, apoio na loita contra incendios forestais, de sinalización,  ou a posta en marcha de campañas de consumo responsable, recollida de plásticos agrícolas, obradoiros, ou a creación de rutas de sendeirismo e etnográficas. Tamén é o departamento encargado do Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos.