Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Sanidade

Concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e  Sanidade: Mª Pilar Peón IglesiasMª Pilar Peón Iglesias  é a concelleira encargada desta área, para atención no ámbito dos servizos sociais aos veciños e veciñas do municipio. Todas as dependencias relacionadas con este departamento están situadas no Centro Social, situado en Chousa Nova (ao lado do centro de saúde). Entre as atribucións desta Concellería, ademais das políticas de benestar, para maiores, discapacitados, ou población con poucos recursos, tamén figura a xestión do Centro de Información á Muller , accións encamiñadas á prevención do maltrato, apoio a inmigrantes/emigrantes retornados ou actividades socio culturais.   Dende este departamento coordínase ademais o programa municipal Silleda Solidaria.


As relacións coa comunidade educativa e a búsqueda da mellora dos centros do municipio son outro dos ámbitos de actuación da concellería.


A optimización dos centros de saúde de Silleda e da Bandeira, completan as liñas de traballo do departamento.