ESCOLA DE MÚSICA DE SILLEDA

A Escola de Música da Banda Municipal de Silleda naceu no ano 1996 en colaboración co Concello. Conta con máis de 150 alumnos e un amplo programa docente no que destacan múltiples actividades como a asistencia a concertos, recitais didácticos, cursos de verán , festivais da Nadal e fin de curso, creación de grupos de cámara, banda xuvenil, coro, ou a celebración do Día da Música no mes de xuño. Algúns dos alumnos do centro teñen participado en entidades de gran prestixio a nivel nacional e internacional como a Xove Orquestra Mundial, a Sinfónica de Galicia, Jonde... Dende xaneiro de 2016 as instalacións da Escola de Música de Silleda están situadas no recinto feiral, no antigo edificio de oficinas da Semana Verde.

Enderezo: Avenida Recinto Feiral número 15

Teléfono 986 592004

e-mail: jose.rodriguez@silleda.es