Silleda - Novas - RSS Silleda - Novas - RSS http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108 O Concello de Silleda promove o sistema de calidade turística en destinos http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2920

Silleda, 22 de abril de 2017. O Concello de Silleda busca dar a coñecer o chamado SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística e de Destinos  na zona.

Esta ferramenta -promovida pola Secretaría do Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)- traballa con empresas e servizos de ata 29 oficios diferentes, influindo na experiencia e satisfacción do turista que visita o destino.

“Dende a Concellería de Turismo puxémonos en contacto co Patronato Rías Baixas, que se encargará de facer a convocatoria, para difundir as vantaxes deste sistema entre o noso tecido empresarial”, explica a concelleira Ana Luisa González. Así, o vindeiro día 3 de maio ás 11:30 horas celebrarase na Casa da Cultura de Silleda  unha sesión para todas aquelas persoas interesadas nesta ferramenta de calidade turística totalmente gratuíta.

O SICTED permite ás empesas adheridas mellorar a xestión interna, incrementar a súa cualificación (mediante un ciclo formativo); recibir asistencia técnica e participar a nivel nacional nun proxecto de calidade turística ao que xa se sumaron preto de 6.000 entidades.

Nesta iniciativa participan dende axencias de viaxes e outras empresas relacionadas co sector turístico ata comercios, artesáns, bares e cafeterías, emprsas de transporte, museos, servizos de limpeza, taxis…

Silleda é xa un destino adherido ao SICTED que figura inscrito a través de Rías Baixas. “Con esta invitación  queremos que as empresas, hostaleiros, comerciantes… e todos os interesados poidan sumarse e lograr maiores vantaxes, xa que o turismo, tal e como puidemos ver recentemente coas cifras de visitas dos nosos principais reclamos turísticos, é unha fonte a ter en conta e a potenciar”, engade Ana Luisa González.

 

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Máis de 20 actividades completan a axenda cultural do Mes de Maio http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2919

Silleda, 22 de abril de 2017.  A programación cultural no municipio de Silleda contará con máis dunha vintena de actividades ao longo do vindeiro mes de maio, organizadas tanto dende o Concello de Silleda como dende distintas asociacións e entidades. Teatro, música, baile, contacontos e outras actividades enchen a axenda do vindeiro mes no que tamén se celebra o Día das Letras.

En canto ao teatro, o domingo día 7 de maio ás 12 horas no auditorio Manuel Dopazo represéntase a obra Feo!, de Caramuxo Teatro. Este espectáculo infantil para nenos e nenas a partir de 3 anos, baseado no clásico de Andersen O parrulo feo, chega a través do programa Cultura no Camiño. O domingo día 14, tamén ás 12:00 na Casa da Xuventude de Silleda os membros do grupo infantil Escenario Público de Silleda poñen en escea a obra “Baixo a lúa do deserto”, incluída na programación do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui.

Os espectáculos musicais arrancan tamén o domingo 7 de maio, cun concerto de saxos da Escola de Música Municipal de Silleda no mosteiro de Carboeiro (ás 17:00 horas).

O día das Letras, o mércores 17 de maio volta o Festival de Música Tradicional do Concello de Silleda que celebra a súa sétima edición no auditorio da Semana Verde. O día 21 o alumnado da Escola de Música de Silleda celebra tamén ás 18:00 horas unha audición.

A música coral tamén terá dúas citas en maio. Así, o día 20 celébrase unha nova edición de Voces de Carboeiro, que se celebrará no mosteiro organizado polo Coro Vales Mahía, e o 27 volta o recital Tardes de Primavera, da Coral Polifónica Trasdeza, no Salón Parroquial de Silleda.

Baile tradicional, danza moderna  e Ruada en Parada

O baile tradicional será tamén protagonista con outros dous clásicos na vila da Bandeira. Así o día 13 terá lugar o Festival Infantil de Baile Tradicional de Xirandola e o 28 de maio volta unha nova edición do Festival Azaloira, do grupo Fortín da Pomba. As dúas actuacións serán no auditorio Manuel Dopazo.

Na parroquia de Parada a Asociación de Veciños organiza tamén o  domingo 28 unha nova edición da Ruada nas fontes e lavadoiros da localidade.

En canto á danza moderna, a agrupación Máis que Danza celebrará senllos festivais no municipio. O domingo 14 a cita será na Bandeira e o 28 en Silleda.

Libros na rúa , pedagoxía Montessori e Dezarte

En canto á programación relacionada directamente coas Letras Galegas o CEIP Ramón de Valenzuela celebrará o venres día 12 a súa Romaría das Letras. Na xornada do 19 de maio chega tamén unha dobre cita. Ademais da terceira edición de Libros na rúa, o certame organizado dende a Concellería de Educación  coa venda de libros e outras actividades, ás 17:00 horas Teatro Babaluva trae á  Biblioteca Municipal Daniel Castelao o seu obradoiro para de Retrato pictograma sobre Carlos Casares á Biblioteca municipal Daniel Castelao, dentro do programa Ler conta moito. Dende o día 2 unha lona lembrando a Carlos Casares e o Día das Letras lucirá tamén no balcón da Casa da Cultura.

Tamén en maio retoma a súa actividade o programa Avelaíña, posto en marcha dende a Concellería de Cultura para o público infantil e as súas familias. Será o sábado 27 ás 10:30 horas na Casa da Xuventude  coa sesión sobre Pedagoxía Montessori, dirixida a pais/nais e o público adulto interesado sobre o famoso método educativo ideado pola mestra e doctora italiana María Montessori a principios do século XX.

Dende a Asociación Cultural Vista Alegre en maio tamén se organiza unha nova edición da súa Semana Cultural que arrancará o 15 de maio ao igual que a segunda edición da mostra de artes plásticas Dezarte.

A programación complétase tamén coa andaina solidaria entre Silleda e Carboeiro que se celebra o día 17 que recadará fondos para o programa Vacacións en Paz, en beneficio dos nenos e nenas do Sáhara.

 “Trátase dun programa amplo e variado para todos os públicos e que volve facer de maio unha época especial en canto a actividade cultural no municipio de Silleda”, indica a concelleira de Cultura, Ana Luisa González.

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui arranca o vindeiro día 29 con Talía Teatro http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2918

Silleda, 20 de abril de 2017.  O Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui volta a Silleda con tres citas na axenda para as vindeiras semanas na que será xa a quinta edición do certame. A presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e o alcalde, Manuel Cuiña, presentaron hoxe xunto con Pablo Romeo, responsable da entidade no Deza, Javier Alves, membro da entidade  e as concelleiras de Benestar Social e Cultura, Pilar Peón e Ana Luisa González, o programa desta quinta edición que arrancará na vila da Bandeira o vindeiro sábado día 29.  O Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui, organizado por Sogaps en colaboración co Concello de Silleda ten como obxectivo recadar fondos para financiar o programa Vacacións en Paz.

Esta primeira actuación chega da man de Talía Teatro coa obra “Bicos con língua”  o día 29 ás 21:00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira. Artur Trillo e Toño Casais poñen en escea este espectáculo en clave de comida no que a través de diversas situacións cotiás se invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. O prezo das entradas é de 5 euros.

O V Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui continuará o 14 de maio, coa representación da obra “Baixo a lúa do deserto” a cargo do grupo de Teatro Infantil Esceario Público, de Silleda. Baixo a dirección de Cristina Collazo os cativos represetarán esta obra o domingo 14 de maio ás 12:00 horas na Casa da Xuventude de Silleda. O donativo neste caso é de 3 euros.

Por último o mércores 17 de maio haberá unha andaina solidaria dende Silleda ata o Mosteiro de Carboeiro. Pablo Romeo explicou que a salida será ás 09:30 horas dende a Casa da Cultura de Silleda. A ruta, de 13 kilómetros de distancia e de dificultade baixa, discorrerá pola antiga estación de ferrocarril de O Castro, Saídres e o monte de Carboeiro de Francia, ata chegar ata o mosteiro románico. O prezo da inscrición é de 5 euros. Haberá avituallamento para os participantes que poderán visitar ademais o mosteiro románico.

Para anotarse nesta actividade, coa que tamén colabora ademais do Concello a empresa Autocares Rías Baixas, as persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de Silleda, na Casa da Xuventude ou no Café Bar Pukará, ou ben a través do mail pabloromeo.sogaps@gmail.com.

Renovación do convenio

Por outra banda, hoxe mesmo Manuel Cuiña e Maite Isla renovaron o convenio de colaboración entre Sogaps e o Concello de Silleda co fin de regular o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2017 durante os dous meses de verán, no que 5 nenos e nenas  do pobo saharaui estarán no municipio de Silleda.

Este convenio ten coma obxectivos principais garantir os dereitos e necesidades fundamentais dos rapaces e rapazas que visiten o municipio trasdezá dentro deste programa,  así coma asegurar a súa integridade física e emocional, respectar as súas crenzas, favorecer a integración no seu medio durante a estadía no país, respectar o marco legal dos dereitos dos menores e garantir o regreso ao seu país coas súas familias.

Mediante a firma deste convenio, o Concello de Silleda responsabilizarase da difusión do programa, entre outras cuestións. Tamén se fará cargo dunha parte do financiamento dos billetes dos nenos ( neste caso ca aportación de 1.000€), así coma da recepción dos nenos, a entrega ás familias acolledoras e a despedida dos mesmos unha vez que finalice a súa estadía no concello.

O alcalde, Manuel Cuiña sinala “para Silleda é un orgullo continuar colaborando con esta iniciativa” e destaca o aumento de familias acolleradoras en Silleda. “Pasar de 2 a 5 este ano é un pequeno gran paso na colaboración que vimos mantendo con Sogaps”, indicou o rexedor que anima aos veciños e veciñas de Silleda a participar no Mes Cultural para colaborar tamén coa causa.

Pola súa banda a presidenta da asociación, Maite Isla, agradeceu ao Concello de Silleda a súa colaboración co programa Vacacións en Paz, que tantos beneficios reporta aos nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados do Sáhara. “Con esta iniciativa os nenos e nenas saharauis, de entre 8 e 12 anos, poden disfrutar de dous meses de vacacións en Galicia con familias de acollida afastados das duras condicións de vida no deserto”, engade.

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Carboeiro recibiu case 1.000 visitantes durante os 4 días festivos da Semana Santa http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2917

Silleda, 19 de abril de 2017.  O mosteiro de Carboeiro vén de batir un novo récord de visitas nos últimos días. Así, entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua pasaron polo mosteiro silledense un total de 980 persoas. O bo tempo e as xornadas festivas contribuiron sen dúbida a este espectacular incremento de visitas ao edificio histórico e o seu entorno.

O xoves foron 223 as persoas que se achegaron ata Carboeiro, o venres acadou as cifras máis elevadas con 390 visitas. O sábado rexistráronse 227 entradas e na xornada do domingo foron 140.

A cifra acadada en tan só 4 días supera mesmo o balance de marzo de 2016, mes no que se caeu o pasado ano a Semana Santa e no que se rexistraron un total de 976 visitas.

“Estamos moi satisfeitos porque Carboeiro e o seu entorno seguen a ser un referente para moitas persoas e un revulsivo para o noso turismo, ao igual que as Fervenzas do Toxa, outro dos lugares máis visitados desta comarca”, indica a concelleira Ana Luisa González.

Dende o pasado mes de xaneiro rexistráranse 2.319 entradas, cifra á que hai que sumar o espectacular balance da Semana Santa.

18 de maio, entrada libre

Por outra banda, o vindeiro 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos o mosteiro volve acoller unha xornada de portas abertas, tal e como se recolle na normativa que regula o acceso, e que fixa como días de entrada libre o 18 de maio, o 25 de xullo e o 10 de agosto, festividade de San Lourenzo.

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
A biblioteca de Silleda celebra o luns 24 o Día do Libro cun especial sobre Gloria Fuertes http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2916

Silleda, 18 de abril de 2017.  A Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda celebra o vindeiro luns día 24 o Día do Libro con A Biblioteca Máxica, un especial adicado á poetisa Gloria Fuertes. Con este spectáculo búcase a achegarlles aos nenos e nenas a vida e obra desta autora

A cita será ás 17:00 horas co episodio da saga teatral no que o rapaz Piruleta volta á Biblioteca Máxica do extravagante Renato a devolver os libros que levara na súa última visita, e atópase con que a biblioteca está engalanada có gaio do aniversario da poetisa Gloria Fuertes.

A través deste evento para Ler conta moito e a través da axuda de ferramentas audiovisuais, nenos e nenas van descubrindo a vida e obra desta autora.

A sesión, incluída no programa Ler Conta Moito está dirixida a publico de 3 a 7 anos. 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O Concello de Silleda volve solicitar un obradoiro de emprego con actuacións sociosanitarias e forestais como protagonistas http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2915

Silleda, 17 de abril de 2017. O Concello de Silleda volve concorrer de novo á orde autonómica pola que se convocan os obradoiros de emprego. O proyecto, baixo o título Silleda Verde, ten dúas liñas de actuación relacionadas con proxectos que xa están en marcha a día de hoxe no municipio de Silleda.

Así un dos módulos propostos e de asistencia sociosanitaria en domicilios e institucións, cuestión relacionada coa posta en marcha da residencia de maiores e o Centro de Día que comezará a construirse nas vindeiras semanas; e o otro está relacionado co Centro de Desenvolvemento Agrario entre outros. Este segundo módulo centraríase en traballos forestáis e de xardinería.

Propóñense actuacións de repoboación en montes, corrección hidrográfica, costrucción e mantemento de distintas estructuras forestáis, ou a realización de tratamentos silvícolas, entre outros. Este módulo tamén se complementaría con actuacións de mantemento e mellora de distintas áreas recreativas, sendas... en distintos puntos do rural de Silleda.

Cada un dos módulos contaría con 10 alumno. O orzamento do proxecto, para salarios do equipo directivo e dos alumnos/as traballadores/as é de 279.000 euros.

Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña, lembra que o obradoiro de Sementé de Pedra 2016, que rematará a fináis do vindeiro mes de maio está dando moi bos resultados "e aínda que falta por ver o nivel de inserción do alumnado o traballo que están a realizar xa destaca a día de hoxe", engade.

Ademáis da urbanización e mellora do entorno da praza da Igrexa, que inclue a dotación dunha orixinal fonte, a través desde obradoiro estase a axardinar e preparar a parcela onde se ubicara a residencia de maiores. "Son dúas actuacións que van a deixar a súa impronta en Silleda e xa que estivemos oito anos sin contar cun obradoiro de emprego, esperamos que este novo proxecto sexa aprobado para dar  certa continuidade  non só a proxectos coma o da residencia señor para contribuir á formación e empregabilidade dos nosos veciños e veciñas", engade o rededor.

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Adxudicadas a Endenor as obras de reforma da piscina municipal de Silleda http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2914

Silleda, 15 de abril de 2017. A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de

 adxudicar á empresa Endenor as obras de reforma do vaso da piscina municipal de Silleda. A empresa foi a que presentou a oferta máis vantaxosa das tres solicitadas.  Os traballos foron adxudicados por un importe de 48.896,40 euros.

O mes pasado o goberno silledense aprobou o proxecto desta obra para mellorar a instalación ao aire libre que  data do ano 1987 e que  viña acumulando deterioros que causaban incidencias aos usuarios.

Así no vaso da piscina principal véñense producindo desprendementos do material cerámico usado nos acabados. Tamén na chamada zona de playa (andéns perimetrais)  hai baldosas movidas ou desniveladas que dificultan o tránsito e podrían ocasionar caídas.

“Nos últimos anos viñéronse rexistrando incidencias que apremiaban realizar esta actuación”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que se teñen producido cortes nalgúns casos.

“Con esta iniciativa, que xa tiñamos contemplada nos orzamentos municipais para este ano 2017 adecuaremos esta instalación deportiva, moi utilizada durante o verán, tratando de subsanar as deficiencias existentes”, sinala Cuiña.

Os traballos consistirán na substitución do revestimento interior do vaso da piscina, así coma o levantado e reposición dos andenes perimetrais. Así mesmo, xunto con estas melloras realizaranse tamén obras de adaptación da piscina o á normativa existente, rebaixando a profundidade do vaso (ata 1,80 metros). “Estas son as medidas que marca a normativa vixente neste tipo de instalacións públicas e polo tanto aproveitaremos a reforma para realizar esta adaptación”, engade o alcalde.

“Con esta actuación continuamos apostando pola mellora das instalacións deportivas para o uso e disfrute dos nosos veciños e veciñas”, apunta o rexedor silledense.

 

           

           

 

 

 

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Fallado o II Concurso de Cómic da Biblioteca de Silleda http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2913

Silleda, 13 de abril de 2017. A segunda edición do Concurso de Cómic da Biblioteca de Silleda xa ten novos gañadores. O xurado, formado por dous artistas locais e persoal da biblioteca municipal elixiu os seis traballos gañadores dun total de 38 propostas en total.

Na categoría de Educación Primaria o mellor cómic foi o titulado “Superior a ti” feito por alumnos de 6º curso do CEIP de Silleda, que levarán 150 euros e unha Tablet cada un. O premio ao mellor guión (dotado con 75 euros para cada un dos autores e un lote de material escolar) é para o cómico titulado “A muller do alcalde de Silleda, feito tamén por alumnos/as do CEP de Silleda. O galardón á  mellor ilustración, tamén con 75 euros para cada un e un lote de cómics, recaeu na aula de 5º curso do CEIP Ramón de Valenzuela, que presentou o traballo “A historia do poliño”.

Xa na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) o alumnado do IES Pintor Colmeiro fíxose cos tres premios deste apartado. Así, o mellor cómic foi o presentado baixo o lema “A desigualdade no século XXI”, feito polo alumnado de 4º da ESO do IES, que levarán 150 euros cada un e unha Tablet. O premio ao mellor guión recae una aula de 1º da ESO por “Solidariedade e Igualdade”, traballo polo que os autores recibirán 75 euros e un lote de material escolar. O galardón á mellor ilustración foi tamén para alumnos/as de 4º da ESO do IES Colmeiro, con “Qué desastre de mundo”, polo que percibirán tamén 75 euros e un lote de cómics.

Os premios en metálico destinaránse ás excursións de fin de curso ou outras actividades do centro.

Dende a Concellería de Educación, que convoca por segundo ano consecutivo este certame, a concelleira Pilar Peón destaca “o nivel dos traballos e a alta participación dos alumnos e alumnas que siguen sorprendéndonos coa súa creatividade, neste caso no ámbito da banda deseñada”, indica.

Os galardóns entregaránse nos vindeiros días.

 

 

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
O Concello de Silleda colabora coa Fundación Semana Verde na conexión do recinto feiral á rede municipal de saneamento http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2912

Silleda, 12 de abril de 2017. O Concello de Silleda vén de colaborar nos traballos para conectar a depuración do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA á rede municipal de saneamento. Así, dende a administración local aportáronse os medios mecánicos e humanos e dende a Fundación Semana Verde os materiais para acometer as obras que se acometeron nos últimos días.

Ata o de agora o recinto contaba cun sistema de depuración propio pero con esta conexión á rede xeral e coas obras realizadas mellorarase toda a instalación.

O concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, visitou xunto con director xeral da Fundación, Ricardo Durán, o lugar das obras, que están xa na súa recta final.

Esta actuación enmárcase no convenio asinado en setembro de 2014 que fixa as liñas de colaboración entre as dúas entidades. Grazas a este acordo, o Concello realiza e colabora nas tarefas de mantemento das instalación feirais ao tempo que a fundación cede as súas instalacións para a realización de actividades municipais.

“Estas obras que mellorarán o funcionamento do recinto veñen a sumarse a outras actuacións realizadas en virtude deste convenio que está dando moi bos resultados e que se convirte no referente da boa sintonía que mantemos entre as dúas entidades en aras do interese xeral ”, resalta o alcalde, Manuel Cuiña.

Pola súa banda o director xeral da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán mostrouse moi satisfeito coa actuación do Concello e destacou a súa boa execución técnica, así como o aforro tanto de custes como de trámites administrativos que conleva para a Fundación a supresión da depuradora.

Ademais, subliñou que é unha mostra máis da boa sintonía e os beneficios que supón para todos o convenio que manteñen ambas entidades.

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000
Comeza o pintado das sendas de O Castro http://silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=108&solo_caja=2911

Silleda, 11 de abril de 2017. Hoxe deron comezo as obras de pintado das sendas peonís que unen a  rúa da estación co  tramo de beirarrúas de O Castro, na marxe dereita da estrada PO- 211 en dirección a Breixa.

O proxecto que inclue ademais carril bici ata o acceso ás pistas deportivas municipais de tenis e pádel, supuxo unha inversión de 150.000 euros.

Esta dotación era unha das obras previstas no programa do goberno municipal, para reforzar a seguridade nesta zona, sobre todo tendo en conta o número de usuarios que se achegan ata as pistas deportivas, e para ampliar o circuito peonil nas aforas da vila de Silleda

Nesta semana quedarán listos os traballos, logo de proceder ao pintado de todo o tramo e ao axardinamento nalgún das zonas das sendas para embelecer a zona interior.

Con esta actuación complétase tamén o  circuito peonil periurbano, que se mellorou o pasado ano coa nova dotación na estrada de Vilanova, ou o remate de aceras no tramo de Morón, entre outras actuación que se levaron a cabo nos últimos anos.

“Era unha obra moi agardada que nos vindeiros días estará totalmente rematada para disfrute dos veciños e para reforzar a seguridade viaria nesta zona”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

 

]]>
Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0000