Normalización Lingüística

O departamento de Normalización Lingüística organiza distintas actividades e certames para o fomento e promoción da nosa língua, en colaboración con institucións coma a Deputación de Pontevedra. Entre as actividades realizadas destacan:

  • Aloumiños en galego.
  • Concurso de Microrrelatos
  • Concurso de cómic
  • Silleda Agasalla
  • Obras de teatro, cine e outras actividades lúdicas e culturais.

O Concello de Silleda forma tamén parte da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

IV Concurso de Cómic da Biblioteca Municipal Daniel Castelao

CONVOCATORIA DO CONCELLO DE SILLEDA PARA A CONCESIÓN DE
PREMIOS DO IV CONCURSO DE CÓMIC BIBLIOTECA PÚBLICA
MUNICIPAL DANIEL CASTELAO
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de premios do IV
Concurso de Cómic da Biblioteca pública municipal Daniel Castelao do
Concello de Silleda, co tema “IMAXINA A TÚA VILA”
Con dotación económica para premios, con cargo á aplicación orzamentaria
326-48 do orzamento municipal vixente.
Esta convocatoria rexerase polas Bases que estarán a disposición dos
interesados na Casa do Concello de Silleda, na Biblioteca pública municipal
Daniel Castelao e na web municipal.
BASES PARA A CONCESIÓN DE PREMIOS DO IV CONCURSO DE CÓMIC
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DANIEL CASTELAO, DO CONCELLO DE
SILLEDA.
Primeira: Obxecto
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de premios polo deseño
de cómics, que traballen a temática de, “IMAXINA A TÚA VILA”
Segunda: Participantes
Poderán participar, de xeito individual ou por parellas, o alumnado dos centros
de ensino do Concello de Silleda de educación primaria e secundaria (ESO)
Terceira: Formato
A obra será orixinal, en branco e negro ou en cor realizada con técnica libre e
en lingua galega.
O formato será único, DIN A-3, dobrado pola metade para obter 4 páxinas.
Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Silleda nun sobre
pechado, que irá acompañado da folla de inscrición, onde aparecerá:
– Título do traballo
– Nome dos/das autores/as
– Curso ao que pertencen
– Nome do centro de ensino
Os traballos que non cumpran con estes requisitos non poderán participar no
concurso.
Cada participante ou parella só poderá presentar un único traballo
Cuarta: Prazo
O prazo de presentación dos traballos comeza o día seguinte á publicación
destas bases na páxina web do Concello de Silleda e rematará 1 de abril de
2019
O lugar de presentación será o Rexistro Xeral do Concello de Silleda, de luns a
venres en horario de 9:00 a 14:00h
A concesión dos premios notificaráselles aos beneficiarios/as e publicarase na
páxina web do Concello de Silleda e nos medios de comunicación locais.
Entenderase que o/a beneficiario/a acepta o premio se no prazo de 10 días, a
contar dende o día seguinte ao da recepción da notificación, non se manifesta
en sentido contrario.
Quinta: Exposición
Farase unha exposición, con todas as obras participantes, na Biblioteca
Municipal e igualmente subiranse ás redes sociais do Concello e a páxina web.
Ao finalizar a exposición devolveranse os orixinais, excepto os premiados que
quedarán en poder da Biblioteca Pública Municipal de Silleda e poderán ser
editados.
Sexta: Premios
Os premios en metálico serán destinados como achega para as excursións de
fin de ciclo, enténdese 6º de primaria e 4º da ESO, dos centros de ensino. Si
nin os centros educativos nin as ANPAS organizasen as anteditas viaxes
destinarán o premio ás actividades que estimen.
Os demais premios serán para cada un dos gañadores.
Categoría: educación primaria
– Mellor cómic, 150€ e un smartwhatch para cada un dos/as gañadores/as
– Mellor argumento, 75€ e un lote de material escolar para cada un dos/as
gañadores/as
– Mellor ilustración, 75€ e un lote de cómics para cada un dos/as
gañadores/as
Categoría: educación secundaria obrigatoria (ESO)
– Mellor cómic, 150€ e un smartwhatch para cada un dos/as gañadores/as
– Mellor argumento, 75€, e un lote de material escolar para cada un
dos/as gañadores/as
– Mellor ilustración, 75€ e un lote de cómics para cada un dos/as
gañadores/as
Sétima: Xurado
O xurado que enviará a súa proposta de concesión de premios á Xunta de
Goberno Local sendo este o órgano competente para a súa concesión, será
nomeado pola concelleira de Educación, e estará composto por persoas
vencelladas á Biblioteca, ao mundo da cultura local, e por un/ha técnico/a da
Concellería.
A decisión do xurado darase a coñecer antes do día 22 de abril de 2019
Oitava: Obrigas dos/das beneficiarios/as dos premios.
A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases.
Novena: Outras disposicións
Calquera feito non previsto nestas bases, ou dúbida sobre a interpretación das
mesmas resolverase a criterio da Concellería de Educación do Concello de
Silleda, ou se procede, do xurado
Silleda, 24 de xaneiro de 2019
O alcalde
Manuel Cuíña Fernández