A biblioteca de Silleda celebra o luns 24 o Día do Libro cun especial sobre Gloria Fuertes

Silleda, 18 de abril de 2017.  A Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda celebra o vindeiro luns día 24 o Día do Libro con A Biblioteca Máxica, un especial adicado á poetisa Gloria Fuertes. Con este spectáculo búcase a achegarlles aos nenos e nenas a vida e obra desta autora

A cita será ás 17:00 horas co episodio da saga teatral no que o rapaz Piruleta volta á Biblioteca Máxica do extravagante Renato a devolver os libros que levara na súa última visita, e atópase con que a biblioteca está engalanada có gaio do aniversario da poetisa Gloria Fuertes.

A través deste evento para Ler conta moito e a través da axuda de ferramentas audiovisuais, nenos e nenas van descubrindo a vida e obra desta autora.

A sesión, incluída no programa Ler Conta Moito está dirixida a publico de 3 a 7 anos.