A Casa da Xuventude acolle unha exposición cos traballos dos obradoiros do Clube do Centro Social dos Maiores

Silleda, 25 de xuño de 2013. Os traballos realizados durante algúns dos obradoiros do programa Silleda Activa, organizado dende o Club do Centro Social dos Maiores poderán contemplarse nos vindeiros días na Casa da Xuventude.

A mostra contará cos traballos realizados polos alumnos e alumnas que asistiron nos últimos meses ao curso interxeracional de pintura e tamén os realizados polos participantes no obradoiro de Arte Terapéutica, unha das novidades da programación no pasado trimestre. Estes obradoiros nacen coa finalidade de ofrecer actividades diferentes e divertidas para os nosos maiores coa finalidade de promover o seu benestar físico, psicolóxico e social. Traballando cos mesmos aspectos manipulativos á vez que creativos e imaxinativos e que reforcen o seu movemento tanto físico como mental.

Os traballos estarán expostos nunha das salas da Casa da Xuventude ata o vindeiro día 5 de xullo. A inauguración será o venres día 28 ás 19.00 horas.

A mostra poderá visitarse en hroario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas.