A Concellería de Benestar e o Club do Centro Social dos Maiores programan unha viaxe a Cantabria do 5 ao 8 de novembro

Silleda, 11 de outubro de 2019.  A Concellería de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, e o Club do Centro Social dos Maiores, programan unha viaxe a Cantabria entre o 5 e o 8 de novembro próximos. A viaxe partirá o martes día 5 a primeira hora da mañá, con parada na localidade asturiana de Llanes e noite en Suances, xa en Cantabria.

O mércores día 6 está previsto visitar as covas de El Soplano, e a localidade de San Vicente de la Barquera, así como a vila de Santillana del Mar.

Xa o xoves día 7 a expedición viaxará a Sangander o venres 8 emprenderase viaxe de volta con xantar en Luarca (Asturias). O custe da viaxe é de 285 euros por persoa, incluindo hotel, comidas en réxime de pensión completa, entrada as covas e autobús.

O prazo de inscrición abrirase este luns día 14. Poderán participar as persoas que teñen consideración de pensionistas, independentemente da idade. Para anotarse hai que dirixirxe ao Centro Social de Silleda, sito na rúa Chousa Nova, nas dependencias de Benestar Social.