A Concellería de Benestar Social organiza un curso de español para inmigrantes

Silleda, 11 de outubro de 2016-.  O vindeiro luns día 17 dará comezo na Casa da Cultura de Silleda o curso de español para inmigrantes organizado pola Concellería de Benestar Social, que dirixe Pili Peón. As sesión, de 10:00 a 11:00 horas, serán impartidas por unha profesora voluntaria e contan coa asistencia de 9 alumnos e alumnas de diferentes nacionalidades. Con esta iniciativa, dende a Concellería de Benestar Social continúase apostando pola integración e o benestar da veciñanza. O ciclo continuará ao longo dos vindeiros meses.