A Concellería de Cultura convoca un concurso de selfies dentro do programa de Nadal

Silleda, 9 de novembro de 2015. A Concellería de Cultura vén de convocar o concurso Sorriso de Nadal, unha convocatoria de selfies que será unha das novidades do programa navideño deste ano.

Nesta iniciativa poderá participar calquera persoa física residente no Concello de Silleda. Os traballos presentados deben ser inéditos.

Poderase participar cun máximo de 3 selfies por persoa. A fotografía pode ser individual ou colectiva e deberá de tomarse nas actividades de Nadal organizadas polo Concello de Silleda ou por asociacións ou colectivos do muncipio. Solo se aceptarán selfies que se fagan nas actividades e actos que estean publicitados no Programa de Nadal editado polo Concello de Silleda.

Valorarase que no selfie salgan protagonistas da actividade.

Para concursar, os selfies deben enviarse ao enderezo electrónico cultura@silleda.es antes do 9 de xaneiro de 2016. Ademais do selfie deberán aparecer os datos persoais do participante, así como un teléfono de contacto. O participante recibirá unha mensaxe de que a súa participación foi aceptada.

Nas bases tamén se recollen unha serie de consideracións a ter en conta. Así, os selfies solamente poderán mostrar persoas identificables. En ningún caso poderán mostrar unha situación inapropiada, obscena, hostil, indecente, difamatoria ou calumniosa e/ou que promova a intolerancia, odio, racismo ou dano contra calquera grupo ou persoa, ou a discriminación por motivos de raza, relixión, xénero, nacionalidade, diversidade, orientación sexual ou idade e/ou que atenten contra a orde pública e moral. Todos os selfies que dende a organización se consideren impropios ou que atenden a calquera destas características descritas, quedarán automáticamente descalificados e anularase a participación do autor/a.

O galardón deste concurso consistirá nunha cámara fotográfica de alta calidade e resolución que se otorgará ao selfie gañador do concurso.

O xurado estará composto por dous profesionais do mundo da fotografía e a Concelleira de Cultura ou na persoa en quen delegue.

O gañador ou gañadora darase a coñecer antes do 16 de xaneiro, facendo a entrega do premio nas datas posteriores.

“Con esta iniciativa pretendemos innovar as propostas  do programa de Nadal, introducindo cuestións, coma neste caso, relacionadas coas novas tecnoloxías, ao mesmo tempo que se fomenta a participación nas actividades”, indica a concelleira de Cultura, María José Fernández.

O programa de Nadal, coordinado dende a Concellería de Cultura, darase a coñecer nas vindeiras datas.