A Concellería de Educación felicita aos tres alumnos do IES Pintor Colmeiro que participan no programa Estalmat

Silleda, 9 de xuño de 2014. Dúas alumnas e un alumno de Primeiro da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda participaron o pasado sábado nas probas iniciais do programa Estalmat Galicia, o proxecto a nivel estatal para a detección e o estímulo do talento en Matemáticas e Ciencias en estudantes de 12 e 13 anos.

Dende o  IES Pintor Colmeiro seleccionouse aos alumnos Soraya Fraga Pampín, Alba Lugo Rey e Javier Valladares Prado, que o sábado formaron parte do grupo de 328 alumnos/as de toda Galicia que asistiron ás probas. Destes haberá 25 seleccionados en total que participarán nun programa amplo de actividades e formación durante dous anos. Este programa esta dirixido polo catedrático de Matemáticas Juan Viaño, que hoxe mesmo toma posesión como novo reitor de Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Dende a Concellería de Educación, Pili Peón, resalta a “capacidade destes tres alumnos  silledenses para participar destacada iniciativa no ámbito educacional”.

A convocatoria está realizada pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, en colaboración coa Facultade de Matemáticas da USC e ten como principal obxectivo o fomento da afección e a habilidade especial en matemáticas en nenos e nenas galegos.

O proceso de selección, iniciado o pasado sábado na facultade de Matemáticas de Santiago coa proba de aptitude, consistente na resolución de varios problemas, continuará unha vez corrixidas as probas coa realización de unha entrevista aos 25 nenos e nanas preseleccionados.