A Concellería de Educación promociona nos centros educativos o English Surf Camp

Silleda, 6 de xuño de 2013. A Concellería de Educación promocionou hoxe nos tres centros de ensino públicos do municipio (CEIP da Bandeira, CEIP de Silleda e IES Pintor Colmeiro) o campamento náutico de inglés que se oferta por primeira vez no municipio. Dúas das monitoras que participarán no English Surf Camp, que terá lugar do 28 de xullo ao 4 de agosto no albergue de Caldebarcos, explicáronlle hoxe aos alumnos e alumnas a programación do campamento, que contará con numerosas e atractivas actividades que suscitaron o seu interese.  Este campamento de actividade náutica, para o que aínda quedan prazas está baseado no deporte náutico e na fala do inglés dende unha visión lúdica e educativa. O prezo é de 250 euros, incluindo actividades, clases e pensión completa. Ademas de sesións de inglés, os participantes poderán disfrutar de actividades coma o bodyboard, bautizo de surf, esnorquel, paddelboard ou surf, así como outras relacionadas co sendeirismo, deporte alternativo, ou bioespazo.