A IVT móbil para vehículos agrícolas volta este mes de marzo ao municipio

Silleda, 28 de febreiro de 2014. O servizo da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas volta ao municipio de Silleda no mes de marzo, segundo informou na xornada de hoxe. O primeiro destino será o Campo da Festa de Laro, onde estará nas vindeiras xornadas do luns día 3 e martes día 4 de marzo.

Na Bandeira estará situada na rúa Esmorga, dende o 6 ao 10 de marzo, en Escuadro dende o 12 ao 14 (fronte ao cemiterio)  e en Silleda durante as xornadas do 17 e 18, situándose detrás do ambulatorio.

En todos os casos as inspeccións realizaranse en horario de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

Os interesados en solicitar este servizo deben concertar cita previa chamando ao teléfono 902 309000 ou a través da páxina web www.sycitv.com, no apartado de cita previa.