A política social e o pago de sentenzas marcan o orzamento municipal de 2013, que se sitúa en 4,7 millóns de €

 

 Silleda, 30 de marzo de 2013. O goberno municipal vén de presentar o orzamento para o exercicio de 2013, con un montante total de 4.710.815,17 euros. O documento será debatido na comisión informativa do vindeiro martes, onde se dictaminará para súa presentación no pleno ordinario do xoves 4 de abril.

O documento mantener nunha liña de traballo igual que no exercicio de 2012, mantendo una clara cautela no ingresos e de Novo unha alta contención nos gastos "esta fórmula nos deu nos resultados polo que seguiremos traballando na mesma liña"

Ingresos

No tocante aos ingresos,  calcúlanse tomando como referencia o efectivamente recadado o ano anterior, variando al alza ou a baixa segundo as previsions de intervención “baseadas na prudencia e o rigor económico”.

Así por exemplo, se  incrementa o IBI , pola alza  do tipo impositivo ata o 0,60, tope fixado   como obligatorio polo goberno Central. As variacions provocan que a recadacion prevista por impostos directos pase dos 1,6 millones de 2012 a 1,7 millons de euros nesta anualidade.

Sufre un descenso o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), para o que se consigna unha previsión inicial da metade dos ingresos de 2012 (estímanse só 35.000 euros), algo que aconsella a suspensión de licenzas coa aprobación inicial do PXOM.No capítulo 3 (taxas, prezos públicos e outros ingresos) prevense ingresar 513.000 euros. Aquí destaca  a reducción, respecto ao orzamento anterior na partida de lixo, que pasa de 435.000 a só 150.000 euros, ao contemplarse só a recaudacion correspondente ao año 2013 "logo de que o  ano pasado se regularizara por fin a situación de recibos atrasados do lixo" 

Pero de xeito contrario, e grazas á xestión recadatoria realizada dende o executivo municipal, contemplanse máis ingresos pola taxa de tendidos, tuberías e galerías "que se lles cobran ás empresas enerxéticas e de telefonía”, explica Paula Fernández.

Para o cumprimento do plan de axuste, mantense o incremento das taxas aplicado xa o pasado ano, tanto na Escola de Música como no Servizo Lúdico Educativo, así como a recadación prevista das ordenanzas fiscais que entraron en vigor en 2012. “Fixemos unha estimación dos ingresos seguindo as indicacions dos responsables de cada area o que garante a realidade dos ingresos" sinala Paula Fernández, alcaldesa e responsable municipal de Facenda. E pon como exemplo o Servizo Lúdico educativo, no que se reducen os ingresos previstos á vista das poucas matriculacións actuais.

 No tocante ás transferencias correntes (2,4 millones de euros) tamén se consignan cantidades iguais ás de 2012 nos casos nos que non se dispón de información definitiva sobre a cantidade que lle corresponde ao Concello de Silleda. Mantense o importe recibido para a Escola de Música, a subvención de desbroces ou a de a Política Lingüística. Tamén se inclúen neste capítulo cantidades das que sí xa se ten coñecemento (subvención do CIM, ADL ou o PAC) e se incrementa a aportación  para o plan concertado de servizos sociais, na cantidade que se espera recaudar polo incremento de horas na dependencia outorgada. 

A Participación dos Tributos do Estado (PIE), así coma as transferencias da Xunta a través dos Fondos de Cooperación Local tamén se consignan seguindo a filosofía da prudencia, incluíndo as cantidades fixas xa recoñecidas polas Administracións supramunicipais.

Gastos  

Con respecto ao estado de Gastos, no capítulo de Persoal (1,9 millóns) compre señalar que se reflexa a continuidade na reducción de gastos, debido á non renovación de contratos temporais, fixada no plan de axuste, co que se consigue un descenso de 62.093 euros en personal , unha reducción que ainda é maior tendo en conta que nesta anualidade estan previstos 25.000 euros  a maiores para contratos de Cooperación Social (parados  a quen o concello abona como complemento a prestacion por desempleo a diferencia ata o SMI) que  evitarán a contratación de persoal de substitución.

Tamén é de destacar que por primeira vez se contempla unha asignación para a formación de empregados públicos, neste caso para a posta en marcha da e-administración (por importe de 8.750 euros), “unha inversión que consideramos fundamental para mellorar a atención á cidadanía”, engade a rexedora.

Reducción en gastos correntes

" O gasto de persoal (41,9%) volve a estar un ano mais por debaixo do gasto corriente (44,9%) polo que seguimos  cara o equilibrio económico desexado” di paula Fernández que engade  que "Os gastos correntes en bens e servizos se reducen en 442.512 euros respecto ao ano pasado, pero hai que ter en conta que en 2012 se incluiron 450.000 para o pago a proveedores a través do Real Decreto 4/20112, polo que pode entenderse que o gasto corrente é similar o do exercicio anterior”, conclúe.

 Aínda así, a alcaldesa tamén advirte que neste ano haberá que pagar 91.000 das sentenzas de BSCH e Sogama, e que 89.000 euros corresponden a pagas extraxudiciais doutros anos, “polo que, sí existe un descenso importante no gasto corrente  que, lamentablemente, queda anulado polo pago das malas xestions económicas anteriores".

 

Maior esforzo na área dos Servizos Sociais

"Na actual situación económica cremos que é moi importante centrar esforzos en atender as necesidades dos veciños e veciñas que están a vivir momentos difíciles. Apostamos polo gasto en materia social, máis que por novas infraestruturas”, di a alcaldesa mentras informa que a área na que medran  as consignacions en maior nivel é a de servicios sociais que se dota de 80.540 euros mais para a atencion a dependentes ao tempo que se duplican as subvencions a familias por emerxencia social.

 

Dentro desta política de gasto social mantense a dotación do CIM para manter o persoal, unha psicóloga e unha avogada para atender os casos de violencia contra a muller "unha lacra que existe no noso Concello e que debemos atender debidamente"

 Na outra cara da moeda estan o aumento nos gastos xurídicos ata os 120.000 euros, para asumir as sentenzas pendentes de resolución, “a maioría doutras corporacións pero que casi con seguridade teremos que asumir neste exercicio”, sinala Fernández Pena., así como tamen os  gastos financieiros, un apartado no que se consignaron os xuros que vencen neste ano (prevense un total de 235.000 euros, 13.000 maís que en 2012). Incluúense, ademais o pagamento dos xuros da sentenza de Urbaser (72.000 euros) e a amortización do crédito solicitado ao Estado para pagar a proveedores históricos do Concello.

 Tamen é salientable, por negativo, que notocante aos gastos de tratamento e recollida de lixo, pese a baixar os ingresos, a rexedora explica que “nos vemos obrigados a manter prácticamente o mesmo gasto corrente, para facer fronte aos 81.261 euros que hai que pagar a Sogama”. Así, fronte aos 150.000 euros que se prevé recadar pola taxa de lixo, o gasto previsto neste apartado é de 390.000 euros, “o que indica claramente que o servizo é deficitario”.

 No resto dos ámbitos os gastos manteñense na liña fixada no año 2012 que permiten ofrecer "servizos de calidade e pagando todo" di a alcaldesa, pero coa mellora que otorgan os resultados obtidos en materia de eficiencia enerxética, así como o aforro aplicado en ámbitos como a telefonía, carburantes, seguros, limpeza ou reparacións. Ainda asi, destaca a alcaldesa o significativo que resulta que "teñamos que reducir gastos corrientes en obras, medioambiente ou turismo para poder facer fronte a pagos anteriores"

 Eso si, de xeito consecuente cos ingresos, tamén se reducen a 60.000 euros os gastos destinados ao servizo lúdico educativo (en 2012 eran de 80.000 euros). “Teremos que tomar medidas para ampliar as matrículas e evitar que o servizo desapareza”, sinala Paula Fernández. Tamen sufre unha reducción en 5.000 euros os cartos disponibles para festas e festexos populares, en aras de seguir coa liña de contención que permita afrontar outras actuacións máis necesarias para a veciñanza. Cabe destacar ademáis que no capítulo 4 de transferencias correntes previstas a entidades sen ánimo de lucro, asociacións culturais, deportivas…mantense a cantidade de 2012.

 Inversions 

 “A situación económica, que obriga a destinar máis fondos ás areas de servizos sociais e o pago de sentenzas, marcan o descenso nesta partida”, sinala a alcaldesa mentras a fixa en 126.948 euros, unha cantidade na  que, criterio da cautela, non se contemplan subvencións de novos investimentos dos que aínda non se coñece a resolución.

 Inclúense neste apartado 23.378 euros que hai que pagar por orde xudicial para o pago de expropiacións a Construcciones Sangiao (pola rúa da Esmorga da Bandeira); 23.000 euros para as obras de acondicionamento dos locais da Escola de Música, que se prevé trasladar á Semana Verde, e unha partida de 15.000 euros para reparar a cuberta do pavillón polideportivo da Bandeira.

Tamén figura neste apartado a aportación municipal para as obras de Vista Alegre (47.070 euros) e para a posta en marcha do albergue de peregrinos (5.000 euros). Habilítanse tamén 3.500 euros para a mellora e acondicionamento da praia fluvial de Cria e outros 10.000 para a compra dunha furgoneta para o departamento de electricidade.

Marcado polo pago de sentenzas

Paula Fernández resalta que o orzamento deste ano se ve minguado “polo pago de sentenzas ao que está sometido este Concello, e que supoñen un total de 186.400 euros”, e doutros 89.000 para o pago de facturas de corporacions anteriores que non puideron incluirse no plan de pago a proveedores (maioritariamente Sogama). “Estas cantidades, que suman 275.400 euros minorarn substancialmente a nosa capacidade inversora e de xestion. Supón case un 6% do orzamento total, cantidade que está moi por riba do 2,6% que supoñen os investimentos”, engade.

Comparativa co ano 2012

 

O orzamento segue os mesmos criterios de contención e cautela do año pasado, sen cambios significativos mais alo do incremento en servicios sociais e o aumento no pago de debedas atrasadas “De novo presentamos un orzamento marcado pola contención nos gastos e a cautela nos ingresos, cumprindo tamén coa regra de gasto establecida polo goberno Central para as entidades locais”, sinala Paula Fernández.

 

Para facer unha comparativa xeral co orzamento de 2012 hai que ter en conta que o orzamento do pasado ano estaba maiorado en 631.526 euros, correspondentes á cantidade a abonar do plan de pago a proveedores, polo que o orzamento real era de 4.836.698 euros. Así, respecto ao que se presenta á súa aprobación, as contas redúcense nun 2,6%.