A reforma e mellora do campo de fútbol de Laro inaugurase cun encontro entre o cadro local e o Xuvenil da División de Honra do R.C. Celta

Silleda, 7 de agosto de 2013. A Concellería de Deportes, que dirixe Klaus Brey, está a ultimar estes días os traballos de acondicionamento no campo de fútbol de Laro, que se estreará oficialmente o vindeiro domingo día 11.

Logo do acto institucional, o terreo de xogo, dotado con herba natural, acollerá ás 19.00 horas o encontro entre o Laro C.F e o equipo Xuvenil da División de Honra do Real Clube Celta de Vigo.

“Despois de meses de traballo, xa só quedan pequenos detalles para ter a punto o estadio de Agro Novo”, sinala Klaus Brey, destacando o gran nivel das instalacións logo da intensa reforma levada a cabo.  Os operarios municipais levan meses traballando na preparación do terreo de xogo de Agro Novo e doutras dotacións.

Así procedeuse á construcción de dous galpóns, (un deles para gardar a máquina córta céspede), pintado de paredes interiores, salpicado de fachada exterior,  arranxo de portais, porterías e outras melloras, como a do alumeado. Estas melloras, cunha destacada inversión municipal,  son froito do convenio asinado en setembro de 2012 entre o Concello e o C.F. Laro, un acordo similar ao que se firmou co Lamela,  e no que o clube se compromete a facerse cargo do mantemento e conservación das instalación unha vez realizadas as obras. O Concello tamén asume os gastos de enerxía eléctrica.

“A colaboración co clube local está a ser moi boa”, engade o concelleiro de Deportes, sinalando que ésta será unha das claves do éxito de esta actuación.

Klaus Brey agradece tamén ao Real Clube Celta a súa boa disposición para disputar o partido do domingo, ao igual que aconteceu o ano pasado coa estrea do campo de Mularedos, en Lamela.

Así, o municipio de Silleda conta xa con dous campos de fútbol de herba natural, co respectivo sistema de rego e drenaxe.