A remodelación do goberno municipal de Silleda oficialízase coa publicación no BOP

Silleda, 13 de febreiro de 2017.  O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe a resolución de Alcaldía do pasado día 2 de febreiro  pola que se modifican as atribucións dos membros do executivo local.

Esta modificación nas atribucións e áreas de goberno prodúcese logo da entrada dos dous novos concelleiros do executivo local, Manuel Iglesias e Benito Saavedra Vázquez. Este último tomou posesión como concelleiro no pleno ordinario do pasado 26 de xaneiro.

 En canto ao reparto de áreas, o alcalde Manuel Cuiña sigue coas Concellerías de Facenda, Seguridade, Tráfico e Réxime Interior. O primeiro tenente de alcalde, Klaus Brey, continúa coas atribucións de Urbanismo, Medio Ambiente e Obras e Servizos.

A segunda tenente de alcalde, Ana Luisa González Costa, asume a Concellería de Cultura, área que levará xunto con  Emprego, Turismo,Deportes,  e Persoal.

A área de Industria e Comercio, que levaba esta última, pasará a depender de Benito Saavedra Vázquez.

Jesús Taboada continúa con Medio Rural e Pilar Peón Iglesias suma ás áreas de Benestar Social, Igualdade, Educación e Sanidade as de Normalización Lingüística, Xuventude e Comunicación Social.

Do mesmo xeito, Pilar Peón, pasa a formar parte da Xunta de Goberno Local, que integran ademais do alcalde, os dous tenentes de alcalde (Klaus Brey e Ana Luisa González) e Jesús Taboada.

O equipo de goberno está integrado ademais por Manuel Iglesias, sen atribucións asignadas debido á falta de tempo polas súas obrigas laborais.