A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue visita Silleda o mércores 24 de agosto

Silleda, 12 de agosto de 2015. A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar Silleda. A cita será o vindeiro mércores, día 24 na capital municipal, onde quedará instalada no lugar de costume: na avenida do Parque, fronte á parada de taxis. Nesta xornada as persoas que queiran realizar doazóns poden acudir en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

O Concello de Silleda e o Centro de Centro de Transfusión de Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.