A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue visita Silleda os vindeiros días 23 e 24

Silleda, 10 de agosto de 2013. A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar Silleda este mes. A cita será o venres 23 e o sábado 24 na capital municipal, onde quedará instalada no lugar de costume: na avenida do Parque, fronte á parada de taxis. Na xornada do venres as persoas que queiran realizar doazóns poden acudir en horario de 10.00 a 14.00 e tamén pola tarde, de 16.30 a 21.00 horas. No caso do sábado 24 o horario será dende as 10.00 ata as 15.00 horas.

O Concello de Silleda e o Centro de Centro de Transfusión de Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.