Á venda dende o xoves día 15 as entradas para o espectáculo Contos de Nadal, con Isi y Celsiño F. Sanmartín

Silleda, 13 de decembro de  2016-.  Dende pasado mañá xoves día 15 estarán á venda no Concello de Silledas as entradas para asistir ao espectáculo “Contos de Nadal” co contacontos Celso Fernández Sanmartín, e o humorista Isi. A cita será o vindeiro vernes día 23 no Salón Parroquial de Silleda, ás 20:30 horas.

As entradas, cun prezo de 5 euros, poden adquirirse no Concello de Silleda e tamén no propio salón unha hora antes do espectáculo. Está será unha das dúas únicas ocasións de ver xuntos sobre o escenario a estes dous coñecidos intérpretes, xa que os seus Contos de Nadal só chegarán a outro municipio da comarca ademais de Silleda.

Contos de Nadal é unha das actuacións que forman parte da programación destas datas elaborada dende o Concello de Silleda, con actividades para todos os públicos.