A Xunta informou en Silleda sobre as axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas do Camiño de Santiago

-A charla, que tivo lugar o pasado martes pola tarde, contou con numerosa afluencia de público

Silleda, 24 de febreiro de 2016.  Una técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda achegouse na tarde do martes ó salón de actos da Casa de Cultura de Silleda para informar sobre as actuacións suxeitas a subvención e o proceso para a solicitude das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas do Camiño de Santiago.

Á convocatoria, presidida polo alcalde, asistiron numerosos veciños das doce parroquias afectadas pola Vía da Prata, a ruta do Camiño que discorre polo concello.

As axudas da ARI, (Áreas de Rehabilitación Integral), dos Camiños de Santiago, consisten nunha subvención do 35 por cen do presuposto protexible, axuda que pode chegar ata os 11.000 euros.

Dende o concello lémbrase a todas aquelas persoas interesadas que non puidesen acudir á reunión, ou que precisen de máis información, que poden acudir ás oficinas de urbanismo para resolver calquera dúbida que lles puidese xurdir.