Aberta ata o día 29 a inscrición para participar no torneo de tenis

Silleda, 24 de xuño de 2014. Silleda acollerá nos vindeiros días a celebración dun torneo de tenis , organizado pola firma local Hostal Casasnovas e Deportibérica, en colaboración coa Concellería de Deportes. A inscrición, que custa 5 euros por persoa, pode realizarse ata o vindeiro domingo día 29.

O torneo comezará o luns día 30 e continuará ata o 12 de xullo nas pistas deportivas de O Castro, disputándose (por grupos de idades) nas categorías de invididual e dobres. Haberá trofeo para o campión e subcampeón.

Para recibir máis información e tamén anotarse, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 650 953872/ 986 580955 ou 986 580898.