Aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas 2016-2017

Silleda, 9 de setembro de 2016. O prazo para anotarse nas Escolas Deportivas Municipais de Silleda 2016-2017 está xa aberto. A oferta continua a bater récords cun total de 17 modalidades deportivas.

Así, a oferta das Escolas Deportivas Municipais estará composta por: Tenis, Pádel, Ioga, Pilates, Ximnasia de mantemento, Kung Fu, Kung Fu Kids (unha das novidades deste ano, para nenos e nenas de 4 e 5 anos); Defensa Persoal, Patinaxe, Aerobic Step, Zumba Step, Zumba Fitness, Zumba Kids, Bailes de salón, Fútbol, Xadrez e Tiro con Arco.

Todas estas actividades comezarán a impartirse a principios do vindeiro mes de outubro. Os interesados en obter información e anotarse poden facelo na Casa da Xuventude (teléfono 986 580064), en horario de  11.00 a 14.00 e de 16:00 a 20:00 horas , ou chamando ao teléfono 671 801336.

A concelleira  destaca que este ano a oferta “é moi ampla, de novo con actividades tanto para o público infantil como para adultos”.

A oferta tamén se difundirá, como vén sendo habitual, nos centros escolares.