Aberto o prazo de inscrición para o curso de coidadores e familiares de persoas con Alzhéimer

Silleda, 28 de decembro de 2016.  O Programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e outras demencias e os seus familiares retómase o vindeiro mes de xaneiro en Silleda. Como xa se avanzou en días pasados, o programa comezará co curso para coidadores/as e familiares que se celebrará durante 4 xornadas. O curso, no que se ofertan 25 prazas, é gratuito e terá lugar os días 10, 12, 17 e 19 de xaneiro na Casa da Xuventude, en horario de 17:00 a 19:00 horas. As persoas interesadas deben de dirixirse ao departamento de Benestar Social (986 592037).

O ciclo será impartido por personal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO)

 O programa, iniciado con éxito en 2015, conta cun  orzamento por parte do Concello de 18.000 euros ao igual que no anterior exercicio, eliminando o copago que antes tiñan que abonar os usuarios/as.

A finales de xaneiro terá lugar a valoración dos usuarios inscritos para participar nos talleres de estimulación cognitiva que se celebrarán dende o 2 de febreiro ata o 14 de decembro.

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, mantiveron en días pasados un encontro co presidente de AFAPO, José Manuel Fontenla no que se abordou a renovación do convenio polo que se poñerá en marcha esta iniciativa, “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade o rexedor.

Entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenvolverse en Silleda no ano 2014.